19 nov 2012

SAMAÍN 2012


Preparación da cabaza


Elaboración:
Para empezar ábrese a cabaza , débese cortar pensando que logo será a tapa da cabeza , así que co coitelo de serra facemos un círculo na parte superior . Retiramos a polpa.


A continuación, debe ser cortada  cun coitelo de serra formando un círculo na parte superior.

Eliminamos a polpa e as sementes e facemos un pequeno furado para expulsar o fume das velas.

Despois de probar nun folio, facemos o debuxo na cabaza cun marcador.



Eliminamos os residuos cun pano, poñemos unha candea dentro da cabaza e gozar da Noite feliz de Todos os Santos. 








PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA


Como se talla unha cabaza

Escolle a túa cabaza . O tamaño
non importa pero procura que estea
máís verde que madura. Durará
máis tempo.
Coa axuda dun familiar maior
corta a parte superior da cabaza e
gárdaa.
Servirache de tapa
Colle unha culler e baleira o interior
da cabaza . Límpaa moi ben
para que quede só a tona dura do
exterior.



Talla unha cara que produza moito
medo. Cun coitelo ide tallando
os ollos, o nariz e a boca.

Colocade agora unha candea
no interior e... a meter medo
á veciña!


Conto: A muller do pasillo.



-A MULLER DO PASILLO-

Unha noite de Samaín, por facer algo de medo, xogamos a Ouixa, feito do que sempre me arrepentirei. A noite era fría, no ambiente notábase un aroma extraño, non sei definilo con palabras; uns amigos e máis eu buscabamos unha vella ouixa que a miña familia sempre a tiña gardada... Era da miña bisavoa, que morrera cando aínda eu  non nacera, e sempre quixera coñecela. Os meus amigos só o  facían por diversión, eu por un fin, xa que quería falar coa miña bisavoa.
A sesión comezou, os meus amigos bromeaban, eu estaba moi seria, pero eles non o notaron, ata que caeu un raio que iluminou a habitación escura, seguido dun lóstrego, que estremeceu ata o último dos meus óso. Asustados polo raio, meus amigos, quedaron calados, coma min, concentrándose, de súpeto o punteiro da Ouija comezou a moverse. Preguntamos quen era, pero non respondeu.
O punteiro movíase sen cesar dun lado para outro, sen formar palabras. Ao final parou,e lentamente, formulou as seguintes palabras: <<estou indo a por vós>>.
Era unha muller que estaba no pasillo e berraba para entrar na miña habitación. O peche estaba botado, non podía entrar, pero parecía que ía tirar a porta.
A muller cada vez máis desesperada gritaba o meu nome. Eu tiven o impulso de abrir a porta, pero contívenme, eses gritos eran desesperados. Entón, deime conta: era a miña bisavoa! Presentíao, aínda non podía explicar como o sabía.
Lanceime a abrir a porta, quería vela, tiña que vela, pero os meus amigos agarráronme. Os gritos cesaron, unha das miñas amigas, tivo un ataque de nervios. Achegámonos a consolala, pero unha voz grave e forte saíu dela dicindo que non nos achegaramos. Quedámonos de pedra. A muller do pasilllo comezou a gritar de novo:
<<¡ Aviseivos, non me fixéstes caso, agora morreredes!>>. A miña amiga comezou a moverse dun lado a outro, dicindo que nos mataría. Intentamos abrir a porta, pero non puidemos.
Os gritos cesaron, conseguimos abrir a porta, eu saín primeiro, pero pechouse detrás de mín. Oín os gritos aterrorizados dos meus amigos, histéricos pedindo socorro, dándolle patadas á porta para abrila.
Escribo a miña historia, corenta e cinco anos despois de que ocorrera, pois acabo de saír do cárcere culpado polo asasinato dos meus amigos, ós que encontrei mortos cando conseguín abrir a porta da miña habitación.