22 nov 2015

MAGOSTO NO VIXIADOR


O xoves 19 de novembro os rapaces de Secundaria marchamos a celebrar o Magosto ao Monte Vixiador. Pasamos unha mañá estupenda paseando polo monte, xogando ao fútbol, cazando grilos e salamántigas na poza. Tamén tivemos tempo de comer castañas asadas grazas aos dous grandes asadores do noso colexio: Alberto e Luis. Fixeron unhas castañas riquísimas e pasamos un día estupendo en contacto coa natureza.  O Outono tamén chegou ao Bouza Brey.

Déixovos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos.
Asando castañas sen parar
Agardando polas castañas

O Outono no Vixiador





3º da ESO
Posando para o blog



Xogando ao fútbol
De paseo cos compañeiros 


Os de 4º da ESO posando


2º da ESO

1º da ESO

Confidencias no Vixiador cos amigos