As Regueifas
representan unha tradición oral
galega que se pretende recuperar hoxe en día. Esperamos
entusiasmados a chegada dos regueifeiros Luís O´Caruncho e Pinto
d´Herbón que cada ano, con paciencia, conseguen extraer o mellor dos nosos alumnos para
convertelos en grandes regueifeiros.
Un ano máis os alumnos de Secundaria participaron no certame de Regueifas en Valadares. O 4 de marzo viaxamos ilusionados a Valadares para animar aos nosos compañeiros de 2º e 3º da ESO que foron seleccionados. Natalia Brandariz, Eva Fernández, Esther Lago, Izzan Loroño, Mario Coteño, Mario Cebreiro, Paula Martínez, Pablo Castro, Lucía Jorge e Desirée Cameselle representaron ao colexio Bouza Brey coas súas coplas.