Os alumnos de 1º da ESO realizaron polo Samaín unha tarefa que levaba por título Cabazas e calacús onde aprenderon a realizar una receita de cociña e elaboraron una ficha con todo o vocabulario relacionado: receitas, ingredientes, utensilios.
Deixámosvos unha listaxe de todas as palabras novas que aprenderon:
Substantivos como culler, culleriña, cullerón, garfo, coitelo, escumadeira, cacerola, cunca, tixola, tarteira, espremedor, batedor, manteiga, azucre, leite, amorodo, ovos, framboesas, zume, cenorias, pementos, fariña, mel, fermento.
Verbos como cocer, fritir, fornear, torrar, pelar, escoar, bater, remexer,arrefriar, refogar, engadir, espesar, esmagar, levedar, mesturar, relar.
Adxectivos como saboroso, espeso, brando, mol, doce, salgado.
Para rematar elaboraron as súas receitas de cociña feitas principalmente con CABAZAS. E incluso dúas compañeiras agasalláronos co seu postre para que todos degustaramos a súa receita.
MOITAS GRAZAS SOFÍA E NURIA YU
Aquí vos deixo o enlace para que vexades as RECEITAS e BO PROVEITO