Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas

28 feb 2016

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO







 Un ano máis o Colexio Bouza Brey sumouse á Celebración do DIA DE ROSALÍA DE CASTRO. A nosa ilustre literata, símbolo dunha época, muller loitadora e cunha profunda sensibilidade, foi homenaxeada un ano máis polos alumnos do noso centro cun recital poético. Cantares Gallegos, o seu libro máis emblemático foi revisado por unha multitude de mans que desexaban coñecer o seu contido e recitar os seus poemas.






  



24 de febreiro do 2016

O Colexio Bouza Brey con Rosalía

O mércores 24 de febreiro celebramos no colexio o DÍA DE ROSALÍA cun recital poético dos poemas máis representativos de Cantares Gallegos.Os alumnos de 1º e 2º da ESO fixeron unha escolma cos poemas de Rosalía e con eles elaboraron unha postal coa que agasallaron aos compañeiros de primaria. Recitaron as súas poesías e agasallaron aos nenos cunha postal rosaliana.























Os alumnos de 3º da ESO recibiron unha charla sobre Rosalía de Castro onde o conferenciante fixo unha exposición pormenorizada sobre a vida e obra da nosa autora asi como a importancia que tivo para o Rexurdimento das Letras Galegas.  Tamén estiveron na Casa Museo da nosa autora e fixeron un percorrido moi interesante polas súas salas. Se queredes ver máis déixovos o enlace:


































12 mar 2015

DÍA DE ROSALÍA

ROSALÍA DE CASTRO

Naceu o 24 de febreiro de 1837, en Santiago de Compostela.
Polo aniversario do seu nacemento no Colexio Bouza Brey sempre queremos recordala.
O pasado 24 de febreiro os mozos de 1º e 2º de Secundaria  recitaron os seus poemas e fixéronlle unha verdadeira homenaxe cun recital e un agasallo poético lembrando a súa obra e o seu pensamento, principalmente quixeron homenaxear á nosa autora polo seu espíritu crítico.
Aquí tendes unha escolma.

22 may 2014

POETAS POR UN DÍA


Temos moita sorte no Bouza Brey. No noso centro temos moitos futuros poetas agardando unha oportunidade. Todos comezan igual que o de Díaz Castro pero cada alumno púxolle a súa alma.
aquí tendes o libro dixital que os recolle. E tamén o poema orixinal do escritor homenaxeado. Preme no enlace :  OS POETAS DE PRIMARIA

Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.

MÚSICA PARA PENÉLOPE


Moitos dos alumnos de 1º da ESO compuxeron unha melodía moi fermosa para un dos poemas máis coñecidos de Díaz Castro, o famoso "Penélope", no que o autor establece un paralelismo entre Galicia  e Penélope, que tecía no seu tear de día e desfacía a labor pola noite mentres esperaba a chegada de Ulises.


Tiveron a oportunidade de interpretala para todo o colexio nun pequeno homenaxe ao escritor polo día das Letras Galegas. Foi todo un éxito.
Espero que non sexa a última vez que compoñades. 
Noraboa. 

21 mar 2013

O Rap de Rosalía

Moitos xa sabedes que neste ano 2013 cúmprense 150 anos da publicación do poemario de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". Con tal celebración queremos animarvos e que participedes
.
Os primeiros que se animaron a facer algo foron os alumnos de primeiro da ESO, que grabaron este vídeo no que rapean o fermoso e coñecido por todos "Adeus ríos, adeus fontes..." incluído no citado poemario.

O rap de Rosalía



29 may 2012

Semana das Letras no Bouza Brey

No noso colexio imos celebrar a Semana das Letras Galegas coa visita dun Mago moi especial, cunha charla co escritor e cunha exposición sobre o noso autor homenaxeado VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Os alumnos de 4º da eso fixeron uns paneis informativas e outros interactivos onde puidemos aplicar os nosos coñecementos e xogar coas verbas. Os alumnos de 4º da ESO fixeron uns paneis interactivos cos que xogaron todos os rapaces do cole e unha exposición sobre mulleres importantes da historia de Galicia, como María Pita, María Soliña, etc. Mirade o ben que o pasaron.

8 may 2012

REGUEIFANDO EN VALADARES


O venres 16 de marzo fomos a Valadares para participar no festival de Regueifas, marchamos no autobús todos os alumnos de secundaria,  agás os de 1º da eso. Pasámolo moi ben e competimos contra o Ies de Coruxo, o IES Ricardo Mella, o colexio Monterrey  e outros centros. Case gañamos pero ao final quedamos segundos aínda que mereciamos gañar porque Alberto Méndez, David Pereira e Iago Fernández fixérono de marabilla. Deixámosvos unhas fotos para que o vexades:

Descargar as fotos

11 ene 2012

OBRADOIRO DAS CANTIGAS DE AMIGO



As cantigas de amigo galego-portuguesas son a representación autóctona da poesía galega da Idade Media. Son cantigas de carácter amoroso postas en boca dunha muller que se lamenta pola ausencia do seu namorado ao que ela agarda. Os nosos alumnos de 3º e 4º da Eso recibiron unha charla sobre a creación deste tipo de cantigas medievais cun tratamento moderno semellante o Hip hop actual. Despois da charla tiveron que poñerlle música a estas cantigas e quedáronlle moi ben.