25 jun 2018

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN



Co curso xa rematado querémosvos recomendar uns libros de lectura para o verán.

Para 6º de primaria e para 1º e 2º da ESO recomendámosvos Palabras de auga de Marcos Calveiro, O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo e Leonardo e os fontaneiros de Mª Victoria Moreno.

Para os alumnos de secundaria afeccionados á lectura son moi interesantes os seguintes libros:
Aire negro de Agustín Fernández Paz e As Rulas de Bakunin de Antón Riveiro Coello.

E para os máis cativos, recomendamos o libro de Carlos Casares A Galiña Azul e A festa no faiado de Mª Victoria Moreno.

FELIZ VERÁN A TODOS E DESEXAMOS QUE OS LIBROS VOS NAMOREN








LETRAS GALEGAS 2018: Mª VICTORIA MORENO








Mª Victoria Moreno foi a autora homenaxeada  polo Día das Letras galegas. Este ano o Equipo de Dinamización decidiu realizar unha exposición que levaba por título O de antes e o de agora. Tedes as fotos no blog de Eventos publicadas. Para esta semana realizamos varios cómics ou bandas deseñadas que presentamos no concurso do Día do libro infantil e xuvenil.


Por outra banda, os alumnos de primeiro da ESO realizaron un exercicio na clase de galego que acabou converténdose nunha canción de creación propia onde se dividiron  os alumnos en dous grupos e crearon un ritmo distinto para cada canción.

O resultado foi espectacular e decidimos facer un vídeo que volo deixo aquí para que o vexades.

Esperamos que vos guste: CANTAMOS EN GALEGO

https://vimeo.com/276707743
Cantamos en galego