1 mar 2021
CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía de 3º e 4º ESO
En 3º da ESO escollemos unha versión de NEGRA SOMBRA, realizada por varios alumnos en colaboración con dúas rapazas, ex-alumnas do noso colexio e irmás das participantes, ás que lembramos con gran cariño.
E para rematar, de 4º da ESO escollemos unha vez máis unha versión tamén musicada de NEGRA SOMBRA realizada por ANTÍA PINAL.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR
CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía 1º e 2º ESO
No seguinte enlace poderedes ver a versión de Negra sombra cantada por PEDRO
FERNÁNDEZ E A SÚA NAI Esperamos que vos guste tanto como a nós. Grazas
Sasha de 2º ESO fixo un estupendo vídeo co poema Has de cantar escollendo tres estrofas de Lugar máis fermoso non houbo na terra onde fala da fermosura de Galicia.
CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía de 5º e 6º de primaria
Os poemas seleccionados en 5º e 6º de primaria son:
Lucía Parente de 5º de primaria canta a Rosalía con Negra sombra e Daniela Puga de 6º de primaria representa coa súa avoa a cantiga chamada Lugar máis fermoso non houbo na terra do poema de Cantares Gallegos
Has de cantar
CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía en 3º e 4º de primaria
Noa de 3º de primaria e Luana de 4º de primaria agasalláronos con dúas versións do poema Adiós ríos, adiós fontes.
CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía en 1º e 2º de Primaria
Aquí tedes os vídeos seleccionados de primeiro e segundo de Primaria para que gocedes coas actuacións dos nosos alumnos máis cativos. Mía Lago (1º primaria) e o seu pai recitaron Castellanos de Castilla.
Iago Costas (2º de primaria) fixo uns marabillosos debuxos mentres recitaba Adiós riós, adiós fontes.
24 feb 2021
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24 de febreiro
20 feb 2021
O ENTROIDO
Este ano non fixemos a nosa tradicional FESTA DO ENTROIDO no colexio por mor da pandemia. Déixamosvos unhas fotos das Pantallas que realizaron os alumnos de Primaria, os disfraces dos alumnos de Infantil e uns vídeos que realizaron os nosos alumnos de 1º da ESO onde buscaron información sobre os entroidos máis famosos en Galicia como o de Verín, Laza, Xinzo de Limia, Pontevedra, Ulla, Manzaneda, Cobres....
![]() |
Amarech explicounos o significado da palabra Entroido e falounos do Entroido en Pontevedra co Loro Ravachol. |
O entroido é unha das festas máis antigas onde todo está permitido. Procede do termo latino Introitus e ten que ver coa chegada da primavera.
![]() |
Iago e Izan explicáronos cales eran as comidas típicas do Entroido |
![]() |
Non podemos esquecer que a gastronomía en Galicia sempre vai unida ás súas festas: O cocido, o lacón con grelos, as filloas, as orellas e como non, o licor café |
Tamén falaron das datas escollidas para celebrar estas festas
dende o domingo de Fareleiro ata o domingo de Piñata.
![]() |
Laura ensinounos a figura da Pantalla |
As Pantallas son os personaxes típicos do Entroido de Xinzo de Limia (Ourense).
![]() |
Nicolas ensinounos como se chamaban cada unha das partes do vestido que levan as Pantallas |
Os alumnos de Primaria realizaron a súa propia Pantalla . Aquí tedes as fotos
Ademais das Pantallas temos outros personaxes típicos do Entroido como os Cigarróns, os Peliqueiros, os Volantes, os Xenerais, as Mázcaras, o Loro Ravachol, os Folións, os Boteiros, as Madamas e os Galáns...... cada vila de Galicia ten os seus propios personaxes.
Neste enlace podedes velos
https://www.youtube.com/watch?v=gzBAOkOvYNM
Suscribirse a:
Entradas (Atom)