Mostrando entradas con la etiqueta Tradicións galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tradicións galegas. Mostrar todas las entradas

7 dic 2014

Os alumnos da ESO tamén celebran o Samaín


Cine de medo polo Samaín

                                            "Romasanta, a caza da besta"                                                                                                                                  


cartel da longametraxe subtitulada
ao galego

O 29 de outubro celebramos no noso Colexio o Samaín. Este ano a temática elixida foi a lenda do Lobishome.
Os alumnos de secundaria traballaron a lenda do Lobishome de Allariz e miraron a película  coa doblaxe en galego.  

momento da transformación
.
Foi unha película moi interesante pero ao mesmo produciulles un enorme terror ao observar a transformación cinematográfica do lobishome.





Creación Literaria

"o lobisome"

Tamén leron distintas historia elaboradas por eles mesmos e recopiladas nun libro que tiñan como temática xeral a lenda do home lobo.
Concedéronse un primeiro e segundo premio por curso a aqueles textos con máis calidade narrativa e logo poideron contalas diante dos seus compañeiros na sala de audiovisuais onde se creou a atmósfera propicia para que os alumnos disfrutasen das historias.

Así estaba ambientada a nosa sala de audiovisuais que se converteu por un día na cova do home do saco ou do lobishome.

cartel da entrada da sala.
o home do saco en primeiro plano
vixiando as andainas dos alumnos


A verdade e que este ano os alumnos fixeron un gran traballo e poidemos ler historias cheas de intriga, medo ou misterio moi ben elaboradas.
Nunha próxima entrada do blogue, seguramente publicaremos algunhas das historias galardonadas para que poidades disfrutalas coma nós.

5 dic 2013

O MAGOSTO (investigación)


Aquí tendes a publicación do traballo realizado por alumnos do grupo de investigación de primaria. Refráns, ditos, receitas, etc...
BO TRABALLO, RAPACES!

21 mar 2013

Éxito nas regueifas 2013

Sara Novelle finalista no V Certame Escolar de Regueifas

Despois do taller de regueifas impartido por Luís "O Caruncho" e Pinto de Herbón, foron seleccionados como os mellores regueifeiros do centro os alumnos Sara Novelle, Iago González Mouriño, Sergio Sahuguillo, Sara Cabaleiro, Mario Corbal, Adriano Carballo, Aroa Rey, Adrián Vilas, Lucía Fernández e David González que representaron ao Bouza Brey no V Certame Escolar de Regueifas.
E isto non foi todo, posto que tivemos unha campioa que deixou o nome do noso centro ben alto. Sara Novelle logrou estar entre as catro finalistas (por certo, todas mulleres) de entre máis de 700 participantes, alumnos dos dez institutos de Vigo.
Noraboa a Sara e a todos os seleccionados.


Sara Novelle. A nosa finalista.


Aquí tendes varios enlaces de interese. O primeiro é a noticia que o xornal  La Voz de Galicia ten sobre este acontecemento. Estes outros son para aqueles que queiran saber máis de Pinto d'Herbón e Luís "O Caruncho" e sobre as regueifas.



Unha escolma de fotos de ese día:








29 may 2012

Natureza

Esta xornada con Marcelo foi moi instrutiva e interesante. Contounos como se planta un carballo, como coidalo, como é a fauna e a flora nas carballeiras, como se mide a idade dunha árbore ...... e infinidade de cousas máis.

Converteu por uns intres a nosa clase de Infantil nunha inmensa carballeira.



8 may 2012

REGUEIFANDO EN VALADARES


O venres 16 de marzo fomos a Valadares para participar no festival de Regueifas, marchamos no autobús todos os alumnos de secundaria,  agás os de 1º da eso. Pasámolo moi ben e competimos contra o Ies de Coruxo, o IES Ricardo Mella, o colexio Monterrey  e outros centros. Case gañamos pero ao final quedamos segundos aínda que mereciamos gañar porque Alberto Méndez, David Pereira e Iago Fernández fixérono de marabilla. Deixámosvos unhas fotos para que o vexades:

Descargar as fotos

10 ene 2012

O APALPADOR

Este ano recibimos a visita do Apalpador no noso colexio.  O Apalpador é unha figura recuperada das terras do Courel  e trátase dun vello leñador que o 31 de decembro baixa das montañas á vila e visita a todos aqueles nenos apalpándolles a barriguiña e deixándolles castañas e algunha cousa feita a man por el mesmo.  Aquí vos deixo unha cantiga popular recollida en Romeor do Courel por José André Lopez Gonçalez (1994).

CANTIGA DO APALPADOR

Vaite logo meu meñiño
marcha agora pra camiña
que vai vir o Apalpadore
apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande
dia do noso señore
xa chegou o día grande
e virá o apalpadore.

Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e a vir o Apalpadore
cunha mega de castañas.

Alá por aquela cemba
mira xa ven relumbrando
o señor Apalpadore
para darvos o aguinaldo.


Déixovos a historia do Apalpador:  http://www.%20vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?


Aquí podedes ver ao noso Apalpador particular que baixou das terras do Courel para vir visitar os nosos nenos o día 21 de decembro.




O magosto no Bouza Brey

O venres 18 de novembro por fin poidemos celebrar O MAGOSTO..............
Despois de moitos avatares fomos ao parque de San Xoán a comer castañas, xogar ao fútbol e contar historias cos nosos compañeiros de clase. Déixovos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos 

13 nov 2011

O SAMAÍN

O SAMAÍN 2011

O 1 de novembro celebramos no colexio o Samaín, que é unha data na que lembramos aos mortos. Non se debe confundir co día de Todos os Santos, antigamente esta festividade de orixe celta tiña que ver coa comuñón  cos espíritus dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro e 1 de novembro, tiñan autorización para camiñar entre os vivos e visitar aos seus familiares. A chegada das ánimas constituía un potencial perigo do que os habitantes das vilas se defendían colocando diante das casas e dos muros caveiras dos seus inimigos. A partir da década dos 90, comezou a celebrarse en Galicia o Samaín desprazando o termo americano Halloween. No noso colexio destripamos unha cabaza e quedounos así de bonita cando a rematamos.