30 oct 2021

SAMAÍN 2021


                                                                    SAMAÍN

Este ano celebramos un SAMAÍN moi especial pois volvemos recuperar a nosa tradicional exposición e certame de cabazas na que participaron todos os alumnos de Infantil e Primaria. O colexio quedou engalanado coa cantidade de cabazas e calacús dos nosos alumnos. Deixámosvos unhas fotos para que vexades o resultado.







































18 jun 2021

REGUEIFANDO

Os alumnos de 3º da ESO participamos nun certame de Regueifas organizado por CORRELINGUA que levaba por lema INMUNÍZATE CO GALEGO. Tivemos que regueifar con outros centros escolares galegos para así realizar unha regueifa común onde se valorase a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa contorna. Déixovos o vídeo co que participamos e outro co resultado final onde aparecen as REGUEIFAS de todos os colexios participantes. Desexamos que vos guste tanto como a nós
   
 REGUEIFANDO NO COLE Para chegar ó Xistral, tedes que pasar por Vigo a gozar das Illas Cíes das delicias onde vivo. O galego é de todos dos galegos o seu rei e para saber cantalo tes que vira o Bouza Brey. Podemos ir visitar, a illa de San Simón e despois ir percorrer o paseo de Panxón

1 mar 2021

CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía de 3º e 4º ESO

En 3º da ESO escollemos unha versión de NEGRA SOMBRA, realizada por varios alumnos en colaboración con dúas rapazas, ex-alumnas do noso colexio e irmás das participantes, ás que lembramos con gran cariño. E para rematar, de 4º da ESO escollemos unha vez máis unha versión tamén musicada de NEGRA SOMBRA realizada por ANTÍA PINAL. MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR

CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía 1º e 2º ESO

No seguinte enlace poderedes ver a versión de Negra sombra cantada por PEDRO FERNÁNDEZ E A SÚA NAI Esperamos que vos guste tanto como a nós. Grazas Sasha de 2º ESO fixo un estupendo vídeo co poema Has de cantar escollendo tres estrofas de Lugar máis fermoso non houbo na terra onde fala da fermosura de Galicia.

CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía de 5º e 6º de primaria

Os poemas seleccionados en 5º e 6º de primaria son: Lucía Parente de 5º de primaria canta a Rosalía con Negra sombra e Daniela Puga de 6º de primaria representa coa súa avoa a cantiga chamada Lugar máis fermoso non houbo na terra do poema de Cantares Gallegos
Has de cantar

CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía en 3º e 4º de primaria

Noa de 3º de primaria e Luana de 4º de primaria agasalláronos con dúas versións do poema Adiós ríos, adiós fontes.

CANTAMOS A ROSALÍA : 24 de febreiro Día de Rosalía en 1º e 2º de Primaria

Aquí tedes os vídeos seleccionados de primeiro e segundo de Primaria para que gocedes coas actuacións dos nosos alumnos máis cativos. Mía Lago (1º primaria) e o seu pai recitaron Castellanos de Castilla. Iago Costas (2º de primaria) fixo uns marabillosos debuxos mentres recitaba Adiós riós, adiós fontes.

24 feb 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24 de febreiro

 

Hoxe, 24 de febreiro celebramos en toda Galicia o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO,  a nosa autora máis querida e recoñecida, non só no ámbito literario, senón tamén como muller loitadora e feminista.
Os alumnos de Infantil realizaron un colgadoiro  co seu nome e os alumnos de Primaria e Secundaria participaron nun recital poético cos seus familiares máis achegados onde deron a coñecer distintos poemas de Rosalía, incluso algúns atrevéronse a cantar para nós.
Nos vindeiros días publicaremos os traballos seleccionados e compartirémolos con vós a través deste blog.

ESTADE ATENTOS 
E
FELIZ DÍA DE ROSALÍA