Mostrando entradas con la etiqueta Semana Letras galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana Letras galegas. Mostrar todas las entradas

22 may 2014

POETAS POR UN DÍA


Temos moita sorte no Bouza Brey. No noso centro temos moitos futuros poetas agardando unha oportunidade. Todos comezan igual que o de Díaz Castro pero cada alumno púxolle a súa alma.
aquí tendes o libro dixital que os recolle. E tamén o poema orixinal do escritor homenaxeado. Preme no enlace :  OS POETAS DE PRIMARIA

Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.

EVOCACIÓNS SOBRE PENÉLOPE

A poesía evócanos emocións, sentimentos, un lugar, unha persoa, un instante. A poesía está creada para facer sentir ao lector, para conectar con un anaquiño da súa alma.  
Dentro das actividades para este día propúxoselles ós alumnos debuxar ou plasmar de algunha maneira o que lle evocaba o poema "PENÉLOPE". 
A música que soa ao fondo está composta polos alumnos de 1º da ESO coa letra do citado poema.


MÚSICA PARA PENÉLOPE


Moitos dos alumnos de 1º da ESO compuxeron unha melodía moi fermosa para un dos poemas máis coñecidos de Díaz Castro, o famoso "Penélope", no que o autor establece un paralelismo entre Galicia  e Penélope, que tecía no seu tear de día e desfacía a labor pola noite mentres esperaba a chegada de Ulises.


Tiveron a oportunidade de interpretala para todo o colexio nun pequeno homenaxe ao escritor polo día das Letras Galegas. Foi todo un éxito.
Espero que non sexa a última vez que compoñades. 
Noraboa. 

17 jun 2013

O BARDO ABELARDO VISITA INFANTIL

A clase de 3 anos tivo a visita do Bardo Abelardo que, co seu acordeón, animou o conto de "O rato e o gato", mentres os nenos acompañaban o ritmo coas súas palmadas  http://www.youtube.com/watch?v=PuresMhAshg&feature=youtu.be

19 may 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O colexio Bouza Brey celebrou un ano máis o día das Letras galegas cuns actos moi especiais durante esta semana cultural do 8 ao 20 de maio. Os alumnos de infantil realizaron un marcapáxinas moi especial conmemorando a figura de Roberto Vidal Bolaño e recitaron o poema de Rosalía : Adiós ríos , adiós fontes. En primaria recibiron a visita do Ilustrador Suso Cubeiro, da escritora An Alfaya e os do primeiro ciclo de secundaria charlaron co escritor Francisco Castro. En secundaria os alumnos de 3º da Eso realizaron unha exposición da figura do noso escritor, traballaron nuns paneis interactivos para aprender xogando cos máis pequenos, outro grupo realizou unha obra de teatro titulada A Xuntanza e finalmente os alumnos de 4º da Eso elaboraron unha presentación moi interesante da toponimia da nosa cidade coas súas parroquias. Aquí tedes as fotos máis interesantes deste día tan especial no que ata os propios alumnos se converteron en grandes pallasos.