VISITA MUSEO DE
PONTEVEDRA
O mércores día 6 de abril fixemos
unha visita ao Museo de Pontevedra. Foron os alumnos de 3º e 4º da ESO, que se
dividiron en dous grupos.
Terceiro fixo unha visita máis ampla
pois viron a escultura e a pintura dende o Paleolítico ata o século XX. Vimos o
Tesouro de Caldas, Miliarios romanos, o retablo de San Acadio, da época
medieval, informáronos da biografía da violinista Van Kuijl, que morreu moi
nova, e do século XX unha interesante exposición de Castelao.
Cuarto empezou visitando o museo
dende a época medieval, tamén co Retablo de San Acadio, pero a visita centrouse
sobre todo na pintura dos séculos XIX e XX, moi abundante. Do século XIX
chamounos a atención a “Xeración Doente” un grupo de pintores que morreron moi
novos todos eles de tuberculose,
destacando a figura de Ovidio Murguía. Vimos como pouco a pouco Galicia vai
integrándose na vangarda, destacando os Renovadores da Arte Galego, que teñen
como ideólogo a Castelao, destacan as pinturas de Colmeiro e Laxeiro. Dos anos
80, as do Grupo Atlántida, co que se consolida definitivamente a modernidade
caracterizada polo neoexpresionismo, destacando Monroy, Leiro ou Moldes.