REGUEIFANDO NO COLE
Para chegar ó Xistral,
tedes que pasar por Vigo
a gozar das Illas Cíes
das delicias onde vivo.
O galego é de todos
dos galegos o seu rei
e para saber cantalo
tes que vira o Bouza Brey.
Podemos ir visitar,
a illa de San Simón
e despois ir percorrer
o paseo de Panxón
Mostrando entradas con la etiqueta Regueifas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Regueifas. Mostrar todas las entradas
18 jun 2021
REGUEIFANDO
Os alumnos de 3º da ESO participamos nun certame de Regueifas organizado por CORRELINGUA que levaba por lema INMUNÍZATE CO GALEGO. Tivemos que regueifar con outros centros escolares galegos para así realizar unha regueifa común onde se valorase a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa contorna.
Déixovos o vídeo co que participamos e outro co resultado final onde aparecen as REGUEIFAS de todos os colexios participantes.
Desexamos que vos guste tanto como a nós
21 mar 2013
Éxito nas regueifas 2013
Sara Novelle finalista no V Certame Escolar de Regueifas
Despois do taller de regueifas impartido por Luís "O Caruncho" e Pinto de Herbón, foron seleccionados como os mellores regueifeiros do centro os alumnos Sara Novelle, Iago González Mouriño, Sergio Sahuguillo, Sara Cabaleiro, Mario Corbal, Adriano Carballo, Aroa Rey, Adrián Vilas, Lucía Fernández e David González que representaron ao Bouza Brey no V Certame Escolar de Regueifas.
E isto non foi todo, posto que tivemos unha campioa que deixou o nome do noso centro ben alto. Sara Novelle logrou estar entre as catro finalistas (por certo, todas mulleres) de entre máis de 700 participantes, alumnos dos dez institutos de Vigo.
Noraboa a Sara e a todos os seleccionados.
E isto non foi todo, posto que tivemos unha campioa que deixou o nome do noso centro ben alto. Sara Novelle logrou estar entre as catro finalistas (por certo, todas mulleres) de entre máis de 700 participantes, alumnos dos dez institutos de Vigo.
Noraboa a Sara e a todos os seleccionados.
Sara Novelle. A nosa finalista.
Aquí tendes varios enlaces de interese. O primeiro é a noticia que o xornal La Voz de Galicia ten sobre este acontecemento. Estes outros son para aqueles que queiran saber máis de Pinto d'Herbón e Luís "O Caruncho" e sobre as regueifas.
Unha escolma de fotos de ese día:
Unha escolma de fotos de ese día:
8 may 2012
REGUEIFANDO EN VALADARES
O venres 16 de marzo fomos a Valadares para participar no festival de Regueifas, marchamos no autobús todos os alumnos de secundaria, agás os de 1º da eso. Pasámolo moi ben e competimos contra o Ies de Coruxo, o IES Ricardo Mella, o colexio Monterrey e outros centros. Case gañamos pero ao final quedamos segundos aínda que mereciamos gañar porque Alberto Méndez, David Pereira e Iago Fernández fixérono de marabilla. Deixámosvos unhas fotos para que o vexades:
Descargar as fotos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)