Un ano máis o Colexio Bouza Brey sumouse á Celebración do DIA DE ROSALÍA DE CASTRO. A nosa ilustre literata, símbolo dunha época, muller loitadora e cunha profunda sensibilidade, foi homenaxeada un ano máis polos alumnos do noso centro cun recital poético. Cantares Gallegos, o seu libro máis emblemático foi revisado por unha multitude de mans que desexaban coñecer o seu contido e recitar os seus poemas.
24 de febreiro do 2016
O Colexio Bouza Brey con Rosalía
O mércores 24 de febreiro celebramos no colexio o DÍA DE ROSALÍA cun recital poético dos poemas máis representativos de Cantares Gallegos.Os alumnos de 1º e 2º da ESO fixeron unha escolma cos poemas de Rosalía e con eles elaboraron unha postal coa que agasallaron aos compañeiros de primaria. Recitaron as súas poesías e agasallaron aos nenos cunha postal rosaliana.
Os alumnos de 3º da ESO recibiron unha charla sobre Rosalía de Castro onde o conferenciante fixo unha exposición pormenorizada sobre a vida e obra da nosa autora asi como a importancia que tivo para o Rexurdimento das Letras Galegas. Tamén estiveron na Casa Museo da nosa autora e fixeron un percorrido moi interesante polas súas salas. Se queredes ver máis déixovos o enlace: