Por medio do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Vigo os alumnos e alumnas de 5º de primaria participaron na actividade Cacimbo. Nela os nenos e nenas achegáronse á cultura e ás tradicións de Angola, Mozambique e Cabo Verde: países lusófonos de Africa. A través da actividade coñeceron as súas paisaxes, escoitaron e cantaron as súas cancións, a súa fauna....... ,e ademais decatáronse das similitudes entre o galego e o portugués, tomando conciencia da utilidade do noso idioma para comunicarse con xente doutras culturas arredadas no espazo.
Os alumnos pasárono así de ben.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgdPoeKDyfp1om1hL8Tv73qSAlZp-i1rIg7RY-kb_67LPl1jwVTvPYo_pzga6B8-dHRp7v7PoD_h9-HD6kRrp1g6RnSnHcvIncj4AIBfQtbAnRTBM0aujp4iLaebfsCpEy7epUqacPgqEpH/s320/IMG_1502.JPG)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjRN4wpp5jDR1cb4ezMfaYEny7hB-9e5GO_WFsst9rKo4zXP9TZfeGMShBuNqDQcdSOVAi-JFSPiGbcIB5QGTn0YJzATihZjiFMroV4NqrMZUpujndTDMnAJ8Ic61K7zCjMrmdIG5reN_17/s320/IMG_1503.JPG)