Aquí tendes a publicación do traballo realizado por alumnos do grupo de investigación de primaria. Refráns, ditos, receitas, etc...
BO TRABALLO, RAPACES!
O SAMAÍN NO BOUZA BREY. CABAZAS, BRUXAS, MEIGALLOS,CONXUROS.... TODO É POSIBLE. PASARÁS MEDO, MOITO MEDO, PERO TAMÉN SERÁ DIVERTIDO.
O martes 29 de outubro celebramos no colexio o Samaín. Neste curso 2013-14 o equipo de Dinamización escolleu o tema das BRUXAS E AS BRUXARÍAS .
Os alumnos de Infantil realizaron unha vasoira de bruxa voadora e uns colgables de cabazas e os de 1º ciclo de primaria uns gorros de bruxa que quedaron así de bonitos.
Os alumnos de 3º. 4º, 5º e 6º estivemos creando uns colgables móbiles coa figura dunha bruxa e quedaron así de ben na clase.
Ademais arranxouse o salón de actos do colexio como unha auténtica caverna de meigallos e feitizos máxicos con dúas meigas de carne e óso que nos meteron moito medo. Nesta caverna os alumnos gañadores do concurso de conxuros e pócemas máxicas leron as súas fantásticas creacións. Déixovos aquí algunhas delas para que vexades como se luciron os nosos alumnos...........
CONXURO PARA A QUEIMADA DE SAMAÍN
Aves, peixes, curuxas e pequenas bruxas, magos, maguiños e sapos pequeniños: ventás do norte, ventás do sur, bosques escuros e vacas azuis gruñidos de estómago e místicas herbas. Seres mitolóxicos, elfos e gnomos. Tronos da ira, dóuvos a benvida para que este Samaín, chegue ben ao seu fin. Mel de ollo, sae de diante, trolls e ogros fóra dos meus ollos. Voitres sen pluma e corvos sen peteiro calamares con dentes e crackens fedorentos os pés descalzos de magos apestosos. Iras dos ventos furacanados, terremotos da terra, avalanchas das neves e sunamis do mar, eu pídovos: verdadeira felicidade e que aquí e agora todas as cousas malas desaparezan e non volvan.
Autor: Greta De la Prieta 5º primaria
CONXURO DA MEIGA
Bruxa bruxada alento de fada cabeza de sapo córneas de gato.
Corvos do inferno sangue de cervo trae á miña cova feitizos de loba.
Cova coveira lume de fogueira trae ao meu carón patas de pichón.
Amigos de Satán collédevos da man e que a Santa Compaña vos cegue de lagañas.
Desexo con este meigallo un Samaín de agasallo.
Autor: Roi Darriba Freire 6º primaria
CONXURO DE SAMAÍN
Outubro , o mes das bruxas¡ Ollos de sapo, patas de cabra que teñas sorte para toda a semana.
Ás de aguia, orellas de coello, que teñas sorte no mes de xaneiro uñas de porco, nariz de elefante que nunca ninguén che quite o teu colgante. Escamas de crocodilo, cola de can que sexas feliz todo o verán Vasoira, vasoiriña sombreiro voador, aprende este conxuro e serás o mellor. Autor: Abrahán Coello 5º primaria
Por outra banda, todos os rapaces de primaria participaron nun concurso de cabazas coas que fixemos unha exposición expeluznante e os de secundaria leron neste escenario tenebroso os seus terroríficos e ao mesmo tempo divertidos relatos de meigas e meigallos.
AS NOSAS BRUXAS PARTICULARES DO BOUZA BREY
Este ano houbo tanta participación no concurso de cabazas que as profesoras tiveron que dar vinte diplomas para agasallar a todos os gañadores.
Exposición das cabazas
Na cova da bruxa as profesoras Lourdes e Bea apareceron vestidas de bruxas e daban terribles sustos aos rapaces máis despistados.
Abrahán na lectura do seu conxuro
No salón de actos, convertido nunha auténtica caverna enmeigada os rapaces puidemos visualizar algunhas curtametraxes relacionadas coa noite dos espíritos como A bruxa regañadentes ou A meiga chuchona.
Os alumnos de secundaria informáronse da historia dunha insólita bruxa galega chamada María Soliña, que foi queimada na fogueira. O grupo Astarot realizou un vídeo sobre a vida desta muller e adicoulle esta canción que leva o seu nome.
Pasámolo de medo e esperamos con impaciencia a chegada do vindeiro SAMASÏNNNNNNN