Este ano, como xa vén sendo tradición no noso colexio, festexamos o Magosto no monte Vixiador. Pasamos unha mañá moi entretida onde os profesores asaron castañas e fixemos unha merendola nas mesas de pedra. Estivemos en contacto coa natureza e xogamos a facer cabanas.
O día estaba fantástico e desfrutamos moito deste día. Ademais este ano viñeron os nenos e nenas de infantil que por primeira vez viñeron a acompañarnos neste día.
O Magosto é unha festa tradicional galega e vouvos deixar un power point sobre esta tradición ancestral de orixe celta que realizou unha alumna de 2º da ESO.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades o vén que o pasamos ese día (para ver as fotos tes que usar o teu correo do colexio e o teu contrasinal)