Dentro do castelo a monitora falounos da Idade Media e das revoltas Irmandiñas, tamén vimos un vídeo sobre a figura de Pedro Madruga, que realmente se chamaba Pedro Álvarez de Sotomayor, señor feudal que apoiou guerra a favor de Xoana a Beltranexa e acabou perdendo todo o seu señorío pola súa enemistade coa familia Fonseca, aínda que hai moitos historiadores que o relacionan coa figura de Cristovo Colón.
Máis tarde o castelo converteuse nun palacio cuns xardíns espectaculares cando pasou a ser propiedade do Marqués de la Vega de Armijo. Finalmente, ao non ter descendencia, deixoullo en herdanza a súa sobriña María Vinyals. Esta magnífica muller de marcado carácter progresista e feminista converteu o castelo nun lugar de reunión de artistas, políticos e intelectuais. Xunto ao seu marido construiu, no que hoxe é a pousada do castelo, un sanatorio mental.
Cando rematamos a visita polo interior do castelo, o profesor de Bioloxía tiña preparada unha actividade cos alumnos para desfrutar do espectacular xardín e recoñecer aquelas plantas e árbores xenlleiras que rodean o castelo. O parque botánico está formado por castiñeiros, criptomerias, araucaria, sequoia, plantacións de té e un excepcional roteiro de camelias formado por dez especies distintas que recibiron o nome de diferentes mulleres galegas ilustres como a propia María Vinyals, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán
Déixámosvos as fotos deste día.