Mostrando entradas con la etiqueta Primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primaria. Mostrar todas las entradas

23 feb 2020

Día de Rosalía


Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía. As nenas e nenos do colexio prepararon un recital para conmemorar este día.
Podes ver todos os vídeos no enlace que vos deixamos a continuación. 
Esperamos que vos guste o resultado tanto coma a nós.

21 feb 2019

Día de Rosalía de Castro 2019

O vindeiro 24 de febreiro celebramos no colexio todos xuntos o día de Rosalía de Castro con este vídeo.

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
ADIÓS REGATOS PEQUENOS
ADIÓS VISTA DOS MEUS OLLOS
NON SEI CANDO NOS VEREMOS

Co recital poético deste poema tan popular e coñecido de Rosalía de Castro quixemos homenaxear á nosa escritora máis emblemática no seu día.


Ademais podedes escoitar a versión clásica de Amancio Prada no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=tdFHyOL4VJo

E outra versión máis moderna de Lucía Pérez https://www.youtube.com/watch?v=hVegN3hhRsg


7 dic 2014

O Samaín no Bouza Brey para os máis pequenos



Dende o equipo de Dinamización do colexio queremos impulsar a tradición da festividade do Samaín. Por ese motivo, todos os anos traballamos arreo para que as nosas tradicións continúen nas nosas vidas e os nosos alumnos coñezan e participen nesta tradición popular da nosa cultura. 
                
  Ambientamos o colexio, lemos contos de medo, vivimos as historias cos nosos contacontos particulares e elaboramos o noso certame de cabazas na que todos participades entusiasmados.


Os máis pequenos tamén contribuíron ao festexo e elaboraron as súas propias cabazas. Iago, o contacontos tróuxonos a historia do "aprendiz do home do saco".













.





22 may 2014

POETAS POR UN DÍA


Temos moita sorte no Bouza Brey. No noso centro temos moitos futuros poetas agardando unha oportunidade. Todos comezan igual que o de Díaz Castro pero cada alumno púxolle a súa alma.
aquí tendes o libro dixital que os recolle. E tamén o poema orixinal do escritor homenaxeado. Preme no enlace :  OS POETAS DE PRIMARIA

Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.

EVOCACIÓNS SOBRE PENÉLOPE

A poesía evócanos emocións, sentimentos, un lugar, unha persoa, un instante. A poesía está creada para facer sentir ao lector, para conectar con un anaquiño da súa alma.  
Dentro das actividades para este día propúxoselles ós alumnos debuxar ou plasmar de algunha maneira o que lle evocaba o poema "PENÉLOPE". 
A música que soa ao fondo está composta polos alumnos de 1º da ESO coa letra do citado poema.


5 dic 2013

O MAGOSTO (investigación)


Aquí tendes a publicación do traballo realizado por alumnos do grupo de investigación de primaria. Refráns, ditos, receitas, etc...
BO TRABALLO, RAPACES!

19 may 2013



Por medio do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Vigo os alumnos e alumnas de 5º de primaria participaron na actividade Cacimbo. Nela os nenos e nenas achegáronse á cultura e ás tradicións de Angola, Mozambique e Cabo Verde: países lusófonos de Africa. A través da actividade coñeceron as súas paisaxes, escoitaron e cantaron as súas cancións, a súa fauna....... ,e ademais decatáronse das similitudes entre o galego e o portugués, tomando conciencia da utilidade do noso idioma para comunicarse con xente doutras culturas arredadas no espazo.  Os alumnos pasárono así de ben.







29 may 2012

Semana das Letras no Bouza Brey

No noso colexio imos celebrar a Semana das Letras Galegas coa visita dun Mago moi especial, cunha charla co escritor e cunha exposición sobre o noso autor homenaxeado VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Os alumnos de 4º da eso fixeron uns paneis informativas e outros interactivos onde puidemos aplicar os nosos coñecementos e xogar coas verbas. Os alumnos de 4º da ESO fixeron uns paneis interactivos cos que xogaron todos os rapaces do cole e unha exposición sobre mulleres importantes da historia de Galicia, como María Pita, María Soliña, etc. Mirade o ben que o pasaron.

12 ene 2012

Saída ao Museo de Pontevedra






Os alumnos de 5º e 6º de primaria o día 8 de novembro  fixemos unha saída moi interesante e amena ao museo de Pontevedra. Fixeron unha visita ao museo dun xeito diferente: interpretaban e estudaban as obras e restos arqueolóxicos dende  a investigación; eles seguían as pistas que lles daban os monitores e averiguaban de que obras e restos se trataban. Deste xeito ao mesmo tempo que aprendían cousas novas, divertíanse. Podemos dicir que o tempo pasounos voando.

10 ene 2012

O APALPADOR

Este ano recibimos a visita do Apalpador no noso colexio.  O Apalpador é unha figura recuperada das terras do Courel  e trátase dun vello leñador que o 31 de decembro baixa das montañas á vila e visita a todos aqueles nenos apalpándolles a barriguiña e deixándolles castañas e algunha cousa feita a man por el mesmo.  Aquí vos deixo unha cantiga popular recollida en Romeor do Courel por José André Lopez Gonçalez (1994).

CANTIGA DO APALPADOR

Vaite logo meu meñiño
marcha agora pra camiña
que vai vir o Apalpadore
apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande
dia do noso señore
xa chegou o día grande
e virá o apalpadore.

Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e a vir o Apalpadore
cunha mega de castañas.

Alá por aquela cemba
mira xa ven relumbrando
o señor Apalpadore
para darvos o aguinaldo.


Déixovos a historia do Apalpador:  http://www.%20vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?


Aquí podedes ver ao noso Apalpador particular que baixou das terras do Courel para vir visitar os nosos nenos o día 21 de decembro.




O magosto no Bouza Brey

O venres 18 de novembro por fin poidemos celebrar O MAGOSTO..............
Despois de moitos avatares fomos ao parque de San Xoán a comer castañas, xogar ao fútbol e contar historias cos nosos compañeiros de clase. Déixovos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos 

13 nov 2011

O SAMAÍN

O SAMAÍN 2011

O 1 de novembro celebramos no colexio o Samaín, que é unha data na que lembramos aos mortos. Non se debe confundir co día de Todos os Santos, antigamente esta festividade de orixe celta tiña que ver coa comuñón  cos espíritus dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro e 1 de novembro, tiñan autorización para camiñar entre os vivos e visitar aos seus familiares. A chegada das ánimas constituía un potencial perigo do que os habitantes das vilas se defendían colocando diante das casas e dos muros caveiras dos seus inimigos. A partir da década dos 90, comezou a celebrarse en Galicia o Samaín desprazando o termo americano Halloween. No noso colexio destripamos unha cabaza e quedounos así de bonita cando a rematamos.