Cine de medo polo Samaín
"Romasanta, a caza da besta"
|
cartel da longametraxe subtitulada
ao galego |
O 29 de outubro celebramos no noso Colexio o Samaín. Este ano a temática elixida foi a lenda do Lobishome.
Os alumnos de secundaria traballaron a lenda do Lobishome de Allariz e miraron a película coa doblaxe en galego.
|
momento da transformación |
.
Foi unha película moi interesante pero ao mesmo produciulles un enorme terror ao observar a transformación cinematográfica do lobishome.
"o lobisome"
Tamén leron distintas historia elaboradas por eles mesmos e recopiladas nun libro que tiñan como temática xeral a lenda do home lobo.
Concedéronse un primeiro e segundo premio por curso a aqueles textos con máis calidade narrativa e logo poideron contalas diante dos seus compañeiros na sala de audiovisuais onde se creou a atmósfera propicia para que os alumnos disfrutasen das historias.
Así estaba ambientada a nosa sala de audiovisuais que se converteu por un día na cova do home do saco ou do lobishome.
|
cartel da entrada da sala. |
|
o home do saco en primeiro plano
vixiando as andainas dos alumnos |
A verdade e que este ano os alumnos fixeron un gran traballo e poidemos ler historias cheas de intriga, medo ou misterio moi ben elaboradas.
Nunha próxima entrada do blogue, seguramente publicaremos algunhas das historias galardonadas para que poidades disfrutalas coma nós.