Hoxe, 24 de febreiro celebramos en toda Galicia o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, a nosa autora máis querida e recoñecida, non só no ámbito literario, senón tamén como muller loitadora e feminista. Os alumnos de Infantil realizaron un colgadoiro co seu nome e os alumnos de Primaria e Secundaria participaron nun recital poético cos seus familiares máis achegados onde deron a coñecer distintos poemas de Rosalía, incluso algúns atrevéronse a cantar para nós. Nos vindeiros días publicaremos os traballos seleccionados e compartirémolos con vós a través deste blog.
ESTADE ATENTOS E FELIZ DÍA DE ROSALÍA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario