Un ano máis o noso colexio quixo celebrar o Samaín no Bouza Brey.
Comezamos o martes día 30 coa Exposición do concurso de Cabazas adicadas este ano ao mundo da Bruxaría.
O equipo de Dinamización realizou unha recreación da cova dunha bruxa retranqueira chamada A BRUXA MARUXA. Os máis pequenos escoitaron a súa canción A bruxa Maruxa de María Fumaça e os maiores disfrutamos coa curtametraxe A Bruxa Regañadentes. Ademais tivemos a ocasión de facer uns conxuros magníficos que leron ese día os nosos alumnos
Continuamos o mércores 31 co Obradoiro de Maquillaxe e a entrega de diplomas.
Queremos agradecer aos pais/nais que colaborar cos seus fillos/as na decoración das cabazas e ás nais que participaron connosco no Obradoiro de Maquillaxe.
Déixovos unhas fotos dese día para aqueles que non puideron ver a exposición e uns conxuros terroríficos que fixeron os nosos alumnos.
CONXUROS
Sangue de vampiro
no caldeiro vou tirar
para que todos os ananos
deixen de respirar.
Espullas de bruxa
ollos de sapo
con esta pócema
convértete en rato.
Imos seguir
cos mortos videntes
tirándolle enriba
vermes e serpes.
Con estes conxuros
eu veño dicir
que o 31 de outubro
comeza o Samaín.
Antía Pinal 2º ESO
Unha noite de Samaín
un morcego e unha bruxa vin
voaban sobre o cemiterio
catro zombis polo menos.
Sapos mortos, bruxas vellas
ten moito coidado se chocas con elas
vampiros sanguentos, monstros terribles
escapa correndo se ves cousas incribles.
Meigas, gatos e conxuros
todo o mundo de Samaín
moito medo dame a min
polos terribles embruxos.
Bágoas de crocodilo
varías púas do ourizo
e de azucre un quilo
para facer o feitizo
Sabela Abalde 1º ESO
Sapos que falan castrapo
vellos que cazan coellos
bonecas con cu de trapo
rapaces que queren ser vellos
Benditos cun meigallo
de augardente de allo
con ollos de gato negro
cabelo de pantasma vello.
Mencía Jorge 1º ESO
Ollos de rás
moas de león
de morcego as ás
e fume de dragón
dame pelo de pantasma
para tomar a poción.
Pablo Acuña 1º ESO
Abra cadabra
pata de cabra
que os conxuros de amores
abran corazóns nobres.
Un pouquiño de filloas
Un pouquiño de amor,
que esas dúas persoas
se namoren cunha flor.
Nerea 5º de Primaria
Ras e sapos
bruxas malvadas
que os lobos do monte
coman as fadas.
Pelos de nenos, pelos de nenas
que encendan as velas
para facer unha festa.
Uxía Pinal 5º de Primaria
5 nov 2018
25 jun 2018
LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN
Co curso xa rematado querémosvos recomendar uns libros de lectura para o verán.
Para 6º de primaria e para 1º e 2º da ESO recomendámosvos Palabras de auga de Marcos Calveiro, O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo e Leonardo e os fontaneiros de Mª Victoria Moreno.
Para os alumnos de secundaria afeccionados á lectura son moi interesantes os seguintes libros:
Aire negro de Agustín Fernández Paz e As Rulas de Bakunin de Antón Riveiro Coello.
E para os máis cativos, recomendamos o libro de Carlos Casares A Galiña Azul e A festa no faiado de Mª Victoria Moreno.
FELIZ VERÁN A TODOS E DESEXAMOS QUE OS LIBROS VOS NAMOREN
LETRAS GALEGAS 2018: Mª VICTORIA MORENO
Mª Victoria Moreno foi a autora homenaxeada polo Día das Letras galegas. Este ano o Equipo de Dinamización decidiu realizar unha exposición que levaba por título O de antes e o de agora. Tedes as fotos no blog de Eventos publicadas. Para esta semana realizamos varios cómics ou bandas deseñadas que presentamos no concurso do Día do libro infantil e xuvenil.
Por outra banda, os alumnos de primeiro da ESO realizaron un exercicio na clase de galego que acabou converténdose nunha canción de creación propia onde se dividiron os alumnos en dous grupos e crearon un ritmo distinto para cada canción.
O resultado foi espectacular e decidimos facer un vídeo que volo deixo aquí para que o vexades.
Esperamos que vos guste: CANTAMOS EN GALEGO
https://vimeo.com/276707743
Cantamos en galego
25 feb 2018
DIA DE ROSALÍA 2018
24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
EU SON ROSALÍA CANDO...
Con estas verbas, tan repetidas nestes días no noso colexio, o equipo de Dinamización do Bouza Brey buscou dar voz e sentimento a nosa autora como unha figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual galeguista e defensora dos débiles, da terra e da nosa lingua.
EU SON ROSALÍA CANDO FALO A MIÑA LINGUA
EU SON ROSALÍA CANDO...
Con estas verbas, tan repetidas nestes días no noso colexio, o equipo de Dinamización do Bouza Brey buscou dar voz e sentimento a nosa autora como unha figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual galeguista e defensora dos débiles, da terra e da nosa lingua.
O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de
Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos").
Por este motivo dende o noso colexio quixemos facer unha homenaxe a esta figura
símbolo da loita, do sufrimento e da protesta reivindicativa e favor da muller, dos oprimidos e do noso pobo.
Con este lema participamos na gravación dun MANIFESTO reivindicativo profesores, alumnos e persoal non docente. Así que, nestes tempos tan convulsos deixámosvos a nosa pegada neste vídeo. EU SON ROSALÍA CANDO FALO A MIÑA LINGUA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)