Un ano máis o noso colexio quixo celebrar o Samaín no Bouza Brey.
Comezamos o martes día 30 coa Exposición do concurso de Cabazas adicadas este ano ao mundo da Bruxaría.
O equipo de Dinamización realizou unha recreación da cova dunha bruxa retranqueira chamada A BRUXA MARUXA. Os máis pequenos escoitaron a súa canción A bruxa Maruxa de María Fumaça e os maiores disfrutamos coa curtametraxe A Bruxa Regañadentes. Ademais tivemos a ocasión de facer uns conxuros magníficos que leron ese día os nosos alumnos
Continuamos o mércores 31 co Obradoiro de Maquillaxe e a entrega de diplomas.
Queremos agradecer aos pais/nais que colaborar cos seus fillos/as na decoración das cabazas e ás nais que participaron connosco no Obradoiro de Maquillaxe.
Déixovos unhas fotos dese día para aqueles que non puideron ver a exposición e uns conxuros terroríficos que fixeron os nosos alumnos.
CONXUROS
Sangue de vampiro
no caldeiro vou tirar
para que todos os ananos
deixen de respirar.
Espullas de bruxa
ollos de sapo
con esta pócema
convértete en rato.
Imos seguir
cos mortos videntes
tirándolle enriba
vermes e serpes.
Con estes conxuros
eu veño dicir
que o 31 de outubro
comeza o Samaín.
Antía Pinal 2º ESO
Unha noite de Samaín
un morcego e unha bruxa vin
voaban sobre o cemiterio
catro zombis polo menos.
Sapos mortos, bruxas vellas
ten moito coidado se chocas con elas
vampiros sanguentos, monstros terribles
escapa correndo se ves cousas incribles.
Meigas, gatos e conxuros
todo o mundo de Samaín
moito medo dame a min
polos terribles embruxos.
Bágoas de crocodilo
varías púas do ourizo
e de azucre un quilo
para facer o feitizo
Sabela Abalde 1º ESO
Sapos que falan castrapo
vellos que cazan coellos
bonecas con cu de trapo
rapaces que queren ser vellos
Benditos cun meigallo
de augardente de allo
con ollos de gato negro
cabelo de pantasma vello.
Mencía Jorge 1º ESO
Ollos de rás
moas de león
de morcego as ás
e fume de dragón
dame pelo de pantasma
para tomar a poción.
Pablo Acuña 1º ESO
Abra cadabra
pata de cabra
que os conxuros de amores
abran corazóns nobres.
Un pouquiño de filloas
Un pouquiño de amor,
que esas dúas persoas
se namoren cunha flor.
Nerea 5º de Primaria
Ras e sapos
bruxas malvadas
que os lobos do monte
coman as fadas.
Pelos de nenos, pelos de nenas
que encendan as velas
para facer unha festa.
Uxía Pinal 5º de Primaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario