2 may 2022

Saída ao Castelo de Soutomaior








 O xoves 28 de abril os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron unha saída moi interesante ao castelo de Soutomaior. Unha parte da actividade  realizouse dentro do castelo e a outra nos xardíns exteriores.

Dentro do castelo a monitora falounos da Idade Media e das revoltas Irmandiñas, tamén vimos un vídeo sobre a figura de Pedro Madruga, que realmente se chamaba Pedro Álvarez de Sotomayor, señor feudal que apoiou  guerra a favor de Xoana a Beltranexa e acabou perdendo todo o seu señorío pola súa enemistade coa familia Fonseca,  aínda que hai moitos historiadores que o relacionan coa figura de  Cristovo Colón. 




Máis tarde o castelo converteuse nun palacio cuns xardíns espectaculares cando pasou a ser propiedade do Marqués de la Vega de Armijo. Finalmente, ao non ter descendencia, deixoullo en herdanza a súa sobriña María Vinyals. Esta  magnífica muller de marcado carácter progresista e feminista converteu o castelo nun lugar de reunión de artistas, políticos e intelectuais. Xunto ao seu marido construiu, no que hoxe é a pousada do castelo, un sanatorio mental.


Cando rematamos a visita polo interior do castelo, o profesor de Bioloxía tiña preparada unha actividade cos alumnos para desfrutar do espectacular xardín e recoñecer aquelas plantas e árbores xenlleiras que rodean o castelo. O parque botánico  está formado por castiñeiros, criptomerias, araucaria, sequoia, plantacións de té e un excepcional roteiro de camelias formado por dez especies distintas que recibiron o nome de diferentes mulleres galegas ilustres como a propia María Vinyals, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán


Déixámosvos  as fotos deste día.







10 mar 2022

Charlas literarias: Ledicia Costas

 Onte tivemos unha visita especial para os alumnos de 2º da ESO. Recibimos a visita da escritora Ledicia Costas, que nos veu a falar do seu libro JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA. 


Os alumnos trouxeron o seu libro para que a escritora lles asinara a novela coa que conseguiu o Premio Lazarillo de Creación literaria no ano 2015. Tamén tiveron a oportunidade de charlar con ela sobre a novela e facerlle preguntas sobre a súa profesión e sobre outros libros como A balada dos unicornios da mesma autora.








23 feb 2022

DÍA DE ROSALÍA: 23 DE FEBREIRO

NO COLEXIO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO ANIMANDO AOS ALUMNOS A PARTICIPAR NESTE DÍA. 
EN PRIMEIRO LUGAR, OS ALUMNOS DE 4º DA ESO REALIZARON UN VÍDEO FALANDO DA SÚA VIDA E OBRA E ANIMANDO A PARTICIPAR AO NENOS E NENAS DE PRIMARIA    ENVIANDO UNS VÍDEOS CO LEMA


EU SON ROSALÍA CANDO.............

Valeria 3º P

Candela 3º P
Irene 3º P


Adriana 3º P


OS VÍDEOS DE 6º DE PRIMARIA

Lucía P. 6º P

Aroa 6º P

Xoel 6º P

Claudia R. 6º P


EN 3º DA ESO ELABORARON NA CLASE DE PLÁSTICA UN CARTEL REPRESENTATIVO QUE
COLOCARON NA ENTRADA DO COLEXIO FEITO CON PENSAMENTOS DE DIVERSAS CORES





OS ALUMNOS E ALUMNAS  DE INFANTIL REALIZARON  DIVERSOS MURAIS CO LEMA

SEMENTANDO PENSAMENTOS 






ADEMAIS GRAVARON E EDITARON UN VÍDEO CON POEMAS DE ROSALÍA


Este é un resumo do seu traballo coas fotos

O día 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía. Por iso, os alumnos/as de Educación Infantil e as súas profes fixemos diversas actividades para coñecer un pouco máis a súa vida.

 

En primeiro lugar, tiñamos que pórlle cara e comezamos facendo un retrato da ilustre Rosalía. As mestras achegáronlles unha silueta da súa cara, e partir de aí tiñan que completar o seu rostro. Para iso, empregamos diversos materiais como: pegamento, tesoiras, pinturas, papel de seda ou charol.

 

De seguido, fixemos dous murais. Un deles, co lema deste ano “Sementando pensamentos”. Neste mural os rapaces tiveron que colorear diversas flores de pensamentos, que posteriormente eles mesmos pegaron enmarcando o lema.

No outro mural, resaltamos a data desta conmemoración, que vai acompañada de diversos títulos de poemas da nosa escritora 

Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, fixemos 4 flores con 5 pétalos para colocar arredor do  seu rostro

-          Unha flor está adicada a súa biografía.

-          Outra resalta os títulos dos poemas máis destacados.

-          Na seguinte atopamos os versos dun poema

-          Para rematar, unha flor reflexa o poema que aprenderon os rapaces.