21 dic 2017

O APALPADOR NO BOUZA BREY





Un ano máis o 18 de xaneiro apareceu o Apalpador no noso colexio para realizar unha actividade cos máis cativos. Estiveron en Infantil e en 1º, 2º, 3º e 4º de primaria onde realizaron diversas manualidades relacionadas co Nadal.

Deixámosvos un vídeo coa información sobre a lenda do vello leñador que baixaba das montañas do Courel para apalpar as barrigas dos nenos e deixarlles unha presa de castañas para aqueles que tiñan a barriga baleira pois non quería que ningún rapaz pasase fame naquela época.

Deixámosvos as fotos deste día






















1 nov 2017

SAMAÍN 2017 E O LABIRINTO DOS ESPÍRITOS

https://www.flickr.com/photos/132004206@N05/albums/72157665692708959

  O luns e  martes celebramos no colexio o Samaín co seu tradicional concurso de cabazas. Este ano o tema elixido polo equipo de Dinamización foron os ESPÍRITOS. Para a ocasión fixemos una ambientación dun labirinto fantasmal polo que tiveron que cruzar todos os alumnos do colexio tanto para poder ver a exposición de CABAZAS como para poder participar no obradoiro de maquillaxe que organizamos. Para levalo a cabo contamos coa participación e a axuda excepcional dalgunhas nais do ANPA e algunhas alumnas de 4º ESO que estiveron con nós durante toda a mañá para que os nosos alumnos se converteran por un día en personaxes do mundo de ULTRATUMBA.
Deixámosvos os enlaces ás galerías con fotos deste día. 
INFANTIL
PRIMARIA E SECUNDARIA

15 oct 2017

Historias encadeadas


Na clase de lingua aprendemos que coas palabras  podemos inventar unha historia, unha historia  encadeada que non sirva de enlace a todos os participantes deste proxecto. Iso foi o que fixemos o curso pasado cos alumnos de 5º e 6º de Primaria e primeiro de Secundaria.
Unha historia creada por eles coa súa trama e os seus personaxes.

Esperamos que vos guste. Este é o resultado



 Carla e María: Os misterios da Raíña Loba



 
Naquela fermosa mañá de primavera unha rapaza pequena asomouse a unha ventá. Era María e esperaba impaciente a Carla, a súa mellor amiga. Eran amigas inseparables desde que aos tres anos, un día no parque, Carla tropezara con María e regaláralle un anaco de chocolate.

María non podía entender como a súa amiga se atrasaba tanto. Tiñan unha visita planeada desde había días; Xian, o avó de María, contaríalles unhas historias de cando era mozo. Estaba moi ilusionada. Encantábanlle esas historias tan disparatadas.


Como xa estaba cansa de agardar, María achegouse á cociña para coller o teléfono e chamar á súa amiga. Comezou a marcar e, xusto cando marcaba o último número, soou o timbre da porta. Así que, deixou o teléfono no seu sitio e achegouse correndo á porta. Era Carla moi nerviosa. María preguntoulle que lle pasaba. Ela, con voz débil, díxolle que de camiño a súa casa, na volta da esquina, vira un accidente. Un ciclista que ía pola beirarrúa caera ao chan e mancara unha perna. Ela intentou axudalo, colleu o móbil e chamou á ambulancia. Mentres esta chegaba estivo con el durante vinte e cinco minutos; por iso chegaba tarde.

 Como a viu nerviosa, María ofreceulle unha tila. Carla deulle as grazas, pero rexeitouna porque xa estaba calmada. Entón, María dille a Carla que teñen que liscar porque chegan tarde á cita con Xian.

As dúas amigas van correndo cara á estación de autobús para coller o 15-A, o da praia. Pois o avó vive nunha pequena casa de pedra preto da praia. A casa ten unha planta e, ao carón dela, hai un pequeno xardín cunha fermosa árbore, un piñeiro. Debaixo da árbore hai un banco de pedra no que, nas mañás de verán, María senta a ver o mar.



 

Ao chegar á estación, mentres agardaban polo autobús, sentan nun banco a falar.

María pregúntalle a súa amiga Carla como cre que vai ser a historia que lles vai contar Xian, pero son interrompidas polo son do chifre do autobús. Xa no autobús, Carla distingue unha figura coñecida.

-       É Antón      - di Carla -   o meu curmán maior.

-          Ola¡   - saúda Antón     - a onde vas?

-             Vou con María a visitar ao seu avó   - responde Carla.

-            E onde é a súa casa?    - pregunta Antón.

-            Preto da praia   - responde a nena.




 Nese intre María dille a Carla que están preto, que na próxima parada teñen que baixar. Así que esta despídese do seu curmán e achégase á porta.

Cando baixan do autobús, Carla fíxase en algo que hai na area, unha pelota. A pelota vai rodando pouco a pouco movida polo vento, pero, de súpeto, párase.

Fíxase ben e decátase de que é un cangrexo quen a para. Para ser un cangrexo é bastante grande. Coméntallo a María, pero ela non lle dá importancia e proponlle ir  tomar un Colacao. Carla acepta. As dúas achéganse á cafetería da praia. Alí atópanse coa súa vella amiga Xulieta, esta, ao velas, ponse moi feliz. Todas piden un Colacao e comezan a falar. Cóntanlle que o avó de María as espera na súa casa. Xulieta pregúntalles se pode ir ela tamén e elas aceptan.
O reloxo da cafetería di que son as doce da mañá, a hora de irse. Saen correndo ata a praia coma tolas, pero, antes de chegar, atópanse con Xoán, un mozo que vive preto do mar e que acostuma a regalarlles peixes que pesca coa súa cana, falan un ratiño con el.

Ao rematar a conversa, van andando pola beira da praia, e, case sen darse conta, están na casa de Xian.

Cando entran, Xian non está!

Moi preocupadas e nerviosas van a comisaría. Alí atópanse co ciclista, este axúdaas a buscar a Xian. Mentres o están buscando, o ciclista agradécelle a Carla que chamara á ambulancia mentres el tiña a perna ferida. Despois de moito tempo de busca, atopan ao avó na praia tomando o sol. Achéganse a el e pregúntalle:


-    Ola Xián, que fas? - di Carla.

-        Anda se son Carla e María! Que vos trae por aquí?     - responde Xian.

-     Non lembras? Tiñamos unha cita contigo     -  responderon as nenas a coro

 -      Si, pero era ás doce e aínda son as once e media   - respondeu el.

-      Pero se xa son as doce e vinte!    - dixo María sinalando o reloxo.

-    Non me digades!     Paroume o reloxo    - dixo o avó achegando o reloxo ao oído.


Entón o avó e as nenas marchan para a casa de Xian. Cando chegan, ven algo moi estraño na casa. Unha inundación!        Oh deus!                     Que podería ter pasado?

Xian vai rapidamente ao baño, xa que podería ser que un cano do lavabo rompera, pero María dáse conta que... non é un cano roto é unha billa que quedou aberta, así que a pecha.


Mentres están secando a casa, Carla ve tirada no chan unha pulseira cun nome. O nome resúltalle curioso e é tamén algo familiar. É o nome do seu curmán Antón. Tamén hai unha foto del. Está estrañada, de que coñecería o avó a Antón?

Carla dille en baixo a María


-       María, ven, mira que encontrei. Como pode ser?

-     Antón?  Non sei, que raro! Eu non sabía que Xian coñecía a Antón vou  preguntarlle    - di - Xian?

-    Que queres María?

-       Encontrei unha pulseira e unha foto dun amigo meu chamado Antón, de que o coñeces? - pregunta


-            Antón? Non me lembro – responde o avó.

-        Tes que  lembralo    - din as nenas á vez.

-      Ahhhhh,     xa me lembro!

-        Cóntanolo, por favor¡¡¡¡¡   -- piden elas.

-        Veña , está ben.

-      Beeeeen!  - din elas.

-      Un día, no parque de Castrelos fun a sentarme preto dos bambáns e encontrei a unha nena moi amable...

-           Espera, esperaaaaa   -   di María.

-      Que queres?    - pregunta o avó.

-      Esa nena quen é?

-           Espera, atende. Ben sigo – di lanzado-   esa nena chamábase Renata e buscaba un tesouro.


Un tesouro que contaba unha lenda de, hai moito tempo:

Nun pobo de Castrelos vivía unha raíña chamada “ a Raíña Loba”.  




Chamábase así pola súa crueldade. Cada ano obrigaba aos pobos dos arredores a darlle unha parte da súa colleita. Un día un mozo que viña de fóra, farto das crueldades da raíña enfrontouse a ela. O mozo ganou e tirou á raíña do seu penedo.


O peite da raíña era de ouro e por iso Renata buscábao. Estaba enterrado coa pulseira e coa foto que Xian tiña na súa casa:

Carla dixo:

- E onde está o peite dourado agora?

Xian contestou:

- Está gardado. Esperade que xa o traio para que o vexades. Cando trae a caixa ábrea e vese o peite resplandecente era de ouro macizo con pedras preciosas.


 De súpeto chamaron á porta. Eran uns señores vestidos de negro e querían o peite. Entre eles estaba Antón, o curmán de Carla. Este, colleu a Xian e contoulle a historia:



Cando morreu a Raíña Loba enterrárona co seu peite onde estaba o piñeiro. Cando o Piñeiro medrou as súas raíces levantaron o peite e Xian colleuno.




No peite descansaba a alma da raíña e por iso o avó  gardouno. El sabía a historia porque era o neto do forasteiro que matara a Raíña Loba.


Pola tardiña Carla e María marcharon da casa do avó e prometeron volver ao día seguinte para que lles contara máis historias.






19 jun 2017

LETRAS GALEGAS 2017






CARLOS CASARES

CARLOS CASARES  foi o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.  Os alumnos e alumnas do colexio festexaron este día coa lectura do seu libro A Galiña azul. Tamén contribuíron os máis cativos realizando a súa particular galiña e os maiores realizando o seu propio conto onde a protagonista era unha galiña moi particular.




Deixámosvos un vídeo con todo o que fixeron nestes días os rapaces do colexio.





letras galegas 2017 from Colexio Bouza Brey on Vimeo.

15 mar 2017

REGUEIFANDO EN VALADARES - MARZO 2017

Regueifando_3º-4ºESO_2017 from Colexio Bouza Brey on Vimeo.

Un ano máis, como xa é habitual no noso colexio, os alumnos de 3º e 4º da ESO participaron nun certame de Regueifas no Auditorio de Valadares. Alí competiron con outros alumnos doutros colexios ara ver cales eran os mellores regueifeiros. Estes son algunhas coplas de presentación que tiveron que facer os nosos regueifeiros.

Ola, bos días a todos
o meu nome é Pauliña,
seguro que xa o sabedes
eu aquí son a raíña. 

O meu nome é Eviña
eu estou aquí cantando
gústame pasalo ben
por iso estou regueifando.

Outra vez en Valadares
creo que xa me coñecedes
o meu nome é Lucía
e comigo abraiaredes.

Bos días nenos e nenas
eu veño a regueifar
chámome Laura Martín
e vos vou abraiar.

O meu nome é Esther
eu veño a deleitarvos
espero que disfrutedes
sobre todo o xurado.


En sesións anteriores tivemos que realizar un taller de improvisación oral e contamos coa presencia de Regueifeiros tan importantes como Luis "O Caruncho" e Pinto de Herbón. Déixamosvos unhas fotos dese día.



Aquí vos deixamos as fotos para poder descargar as súas actuacións, pero antes queremos agradecer a participación dos nosos alumnos seleccionados para tal ocasión: Laura Martín, Esther e Paula Lago, Lucía Jorge, Mario Cebreiro, Eva Fernández, Desireé Cameselle, Natalia Brandaríz e Mario Coteño. Para eles o noso agradecemento e admiración pois a súa actuación foi estupenda e os seus profesores están moi orgullosos do seu traballo porque para regueifar hai que ter agallas, destreza e habilidade.

23 feb 2017

180 anos de Rosalía

Este 24 de febreiro fai 180 do nacemento de Rosalía de Castro. A nosa homenaxe foi un recital poético dos alumnos de 2º da ESO a todos os seus compañeiros. Eles crearon a melodía para acompañar cada un dos poemas. Desexamos que vos gusten.

Campanas de Bastabales from Colexio Bouza Brey on Vimeo.
Lucía, Mar, Pablo, Aarón, Abraham, Estela, Jorge, Iván, Elisabeth e Raúl

Has cantar from Colexio Bouza Brey on Vimeo.
 Pablo, Gabriel, Alex, Yeray, Aitana, Uxía, Ángel, Nicolás, Pablo, Enrique.

Nascín cando as prantas nasen from Colexio Bouza Brey on Vimeo.

Iker, Greta, Alex,  David, Carla, Xoán, Daniel, Jacobo, Alex e Pablo

Tamén gozamos destoutra versión dun poema de Rosalía

E deste vídeo sobre Rosalía para os máis pequenos
 

13 ene 2017

O APALPADOR










Un ano máis chegou o Apalpador ao Bouza Brey. Este ano o Equipo de Dinamización decidiu contar coa colaboración dos alumnos de 4º da ESO. Eles dividíronse en 4 grupos, escolleron en cada grupo ao seu propio Apalpador e realizaron unha animación moi divertida cos máis pequenos do colexio. Nesta actividade participaron os alumnos de Infantil, de 1º, 2º,3º e 4º de primaria e levaron para a súa casa un agasallo feito nese día.  Este foi o resultado.



















Deixámosvos un enlace dun vídeo que realizaron os rapaces de 4º da ESO sobre o Apalpador e a actividade de reciclaxe que fixeron cos alumnos.


A figura do Apalpador, reciclaxe e diversión: traballo dos alumnos de 4º ESO. from Colexio Bouza Brey on Vimeo.