REGUEIFANDO NO COLE
Para chegar ó Xistral,
tedes que pasar por Vigo
a gozar das Illas Cíes
das delicias onde vivo.
O galego é de todos
dos galegos o seu rei
e para saber cantalo
tes que vira o Bouza Brey.
Podemos ir visitar,
a illa de San Simón
e despois ir percorrer
o paseo de Panxón
Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas
18 jun 2021
REGUEIFANDO
Os alumnos de 3º da ESO participamos nun certame de Regueifas organizado por CORRELINGUA que levaba por lema INMUNÍZATE CO GALEGO. Tivemos que regueifar con outros centros escolares galegos para así realizar unha regueifa común onde se valorase a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa contorna.
Déixovos o vídeo co que participamos e outro co resultado final onde aparecen as REGUEIFAS de todos os colexios participantes.
Desexamos que vos guste tanto como a nós
23 feb 2020
Día de Rosalía
Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía. As nenas e nenos do colexio prepararon un recital para conmemorar este día.
Podes ver todos os vídeos no enlace que vos deixamos a continuación.
Esperamos que vos guste o resultado tanto coma a nós.
Etiquetas:
curso 19-20,
dia de Rosalía,
ESO,
Infantil,
Primaria
12 mar 2015
DÍA DE ROSALÍA
ROSALÍA DE CASTRO
Naceu o 24 de febreiro de 1837, en Santiago de Compostela.
Polo aniversario do seu nacemento no Colexio Bouza Brey sempre queremos recordala.
O pasado 24 de febreiro os mozos de 1º e 2º de Secundaria recitaron os seus poemas e fixéronlle unha verdadeira homenaxe cun recital e un agasallo poético lembrando a súa obra e o seu pensamento, principalmente quixeron homenaxear á nosa autora polo seu espíritu crítico.
Aquí tendes unha escolma.
7 dic 2014
Os alumnos da ESO tamén celebran o Samaín
Cine de medo polo Samaín
"Romasanta, a caza da besta"
![]() |
| cartel da longametraxe subtitulada ao galego |
O 29 de outubro celebramos no noso Colexio o Samaín. Este ano a temática elixida foi a lenda do Lobishome.
Os alumnos de secundaria traballaron a lenda do Lobishome de Allariz e miraron a película coa doblaxe en galego.
![]() |
| momento da transformación |
.
Foi unha película moi interesante pero ao mesmo produciulles un enorme terror ao observar a transformación cinematográfica do lobishome.
Creación Literaria
"o lobisome"
Tamén leron distintas historia elaboradas por eles mesmos e recopiladas nun libro que tiñan como temática xeral a lenda do home lobo.
Concedéronse un primeiro e segundo premio por curso a aqueles textos con máis calidade narrativa e logo poideron contalas diante dos seus compañeiros na sala de audiovisuais onde se creou a atmósfera propicia para que os alumnos disfrutasen das historias.
Así estaba ambientada a nosa sala de audiovisuais que se converteu por un día na cova do home do saco ou do lobishome.
| cartel da entrada da sala. |
| o home do saco en primeiro plano vixiando as andainas dos alumnos |
A verdade e que este ano os alumnos fixeron un gran traballo e poidemos ler historias cheas de intriga, medo ou misterio moi ben elaboradas.
Nunha próxima entrada do blogue, seguramente publicaremos algunhas das historias galardonadas para que poidades disfrutalas coma nós.
Etiquetas:
Certame de cabazas,
Contacontos,
Curso 2014-15,
Dinamización,
ESO,
Lendas,
O lobishome,
O lobishome de Allariz,
Romasanta: a caza da besta,
Samaín,
Tradicións galegas
22 may 2014
MÚSICA PARA PENÉLOPE
Moitos dos alumnos de 1º da ESO compuxeron unha melodía moi fermosa para un dos poemas máis coñecidos de Díaz Castro, o famoso "Penélope", no que o autor establece un paralelismo entre Galicia e Penélope, que tecía no seu tear de día e desfacía a labor pola noite mentres esperaba a chegada de Ulises.
Tiveron a oportunidade de interpretala para todo o colexio nun pequeno homenaxe ao escritor polo día das Letras Galegas. Foi todo un éxito.
Espero que non sexa a última vez que compoñades.
Noraboa.
21 mar 2013
O Rap de Rosalía
Moitos xa sabedes que neste ano 2013 cúmprense 150 anos da publicación do poemario de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". Con tal celebración queremos animarvos e que participedes.
Os primeiros que se animaron a facer algo foron os alumnos de primeiro da ESO, que grabaron este vídeo no que rapean o fermoso e coñecido por todos "Adeus ríos, adeus fontes..." incluído no citado poemario.
O rap de Rosalía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



