Investigación e posta en común
Continuando coas celebracións, o luns dia 18 de maio os alumnos de 1º e 2º de secundaria participaron en diversos grupos de traballo sobre xogos populares galegos.
Tiveron que buscar información e preguntar aos seus avós e avoas, ós seus pais, sobre os distintos xogos tradicionais aos que xogaban cando eran pequenos. Unha vez feita a investigación, prepararon o material necesario e compartiron todo o que aprenderon cos seus compañeiros de primaria.
Así que o luns no recreo todos os nenos e nenas de primaria xogaron ás canicas, á petanca, ás catro esquinas, ós crolos, á billarda e ás tabas...
Aquí vos deixamos un video dese día con música de SÉS.
Dende o departamento temos claro que para o ano repetimos. Foi unha experiencia inolvidable.