A POESÍA MOLA, O GALEGO MOLA
Con este lema o equipo de Dinamización do colexio Bouza Brey quere CONVIDARVOS a participar dende a casa nun concurso de poesía.
A asociación galega do libro infantil e xuvenil , GALIX, organiza un concurso titulado :
UN POEMA NA TÚA VOZ
Poderán participar todos os alumnos de primaria e secundaria, dende os 6 ata os 14 anos.
Só tedes que escoller un poema en galego, do autor/a que queirades, e facer a vosa propia gravación.
Animádevos a participar pois xa sodes todos uns expertos co recital poético de Rosalía que fixemos dende o colexio.
Tedes toda a información nesta páxina:
Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto co colexio.