29 may. 2012

Natureza

Esta xornada con Marcelo foi moi instrutiva e interesante. Contounos como se planta un carballo, como coidalo, como é a fauna e a flora nas carballeiras, como se mide a idade dunha árbore ...... e infinidade de cousas máis.

Converteu por uns intres a nosa clase de Infantil nunha inmensa carballeira.



Semana das Letras no Bouza Brey

No noso colexio imos celebrar a Semana das Letras Galegas coa visita dun Mago moi especial, cunha charla co escritor e cunha exposición sobre o noso autor homenaxeado VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Os alumnos de 4º da eso fixeron uns paneis informativas e outros interactivos onde puidemos aplicar os nosos coñecementos e xogar coas verbas. Os alumnos de 4º da ESO fixeron uns paneis interactivos cos que xogaron todos os rapaces do cole e unha exposición sobre mulleres importantes da historia de Galicia, como María Pita, María Soliña, etc. Mirade o ben que o pasaron.

Contacontos










Os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron unha xornada moi animada durante a Semana das Letras  pola chegada dun contacontos á escola. Xuntámonos os tres cursos na aula de audiovisuais e alí disfrutamos e rimos a cachón cos seus contos e historias. Vede o ben que o pasamos.