Mostrando entradas con la etiqueta 2012-13. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2012-13. Mostrar todas las entradas
17 jun 2013
O BARDO ABELARDO VISITA INFANTIL
A clase de 3 anos tivo a visita do Bardo Abelardo que, co seu acordeón, animou o conto de "O rato e o gato", mentres os nenos acompañaban o ritmo coas súas palmadas http://www.youtube.com/watch?v=PuresMhAshg&feature=youtu.be
21 mar 2013
O Rap de Rosalía
Moitos xa sabedes que neste ano 2013 cúmprense 150 anos da publicación do poemario de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". Con tal celebración queremos animarvos e que participedes.
Os primeiros que se animaron a facer algo foron os alumnos de primeiro da ESO, que grabaron este vídeo no que rapean o fermoso e coñecido por todos "Adeus ríos, adeus fontes..." incluído no citado poemario.
O rap de Rosalía
Éxito nas regueifas 2013
Sara Novelle finalista no V Certame Escolar de Regueifas
Despois do taller de regueifas impartido por Luís "O Caruncho" e Pinto de Herbón, foron seleccionados como os mellores regueifeiros do centro os alumnos Sara Novelle, Iago González Mouriño, Sergio Sahuguillo, Sara Cabaleiro, Mario Corbal, Adriano Carballo, Aroa Rey, Adrián Vilas, Lucía Fernández e David González que representaron ao Bouza Brey no V Certame Escolar de Regueifas.
E isto non foi todo, posto que tivemos unha campioa que deixou o nome do noso centro ben alto. Sara Novelle logrou estar entre as catro finalistas (por certo, todas mulleres) de entre máis de 700 participantes, alumnos dos dez institutos de Vigo.
Noraboa a Sara e a todos os seleccionados.
E isto non foi todo, posto que tivemos unha campioa que deixou o nome do noso centro ben alto. Sara Novelle logrou estar entre as catro finalistas (por certo, todas mulleres) de entre máis de 700 participantes, alumnos dos dez institutos de Vigo.
Noraboa a Sara e a todos os seleccionados.
Sara Novelle. A nosa finalista.
Aquí tendes varios enlaces de interese. O primeiro é a noticia que o xornal La Voz de Galicia ten sobre este acontecemento. Estes outros son para aqueles que queiran saber máis de Pinto d'Herbón e Luís "O Caruncho" e sobre as regueifas.
Unha escolma de fotos de ese día:
Unha escolma de fotos de ese día:
31 oct 2012
Receitas de Samaín.
Magdalenas
de Cabaza
Ingredientes:
- 200 gramos de azucre
- 100 gramos de fariña
- 100 gramos de Maizena
- 2 ovos grandes
- 75 ml de aceite de xirasol
- 75 ml de leite
- 1 sobre de levadura química
- Azucre e canela para
espolvorear
Elaboración:
Mentres prequentamos o forno a 18º, poñemos a cabaza torada nun
recipiente apto para microondas e o cocemos 6 minutos a temperatura
máxima para que abrande.
Trituramos
a cabaza xunto cos ovos, o azucre, o leite e o aceite. Cando
teñamos formada a pasta engadimos a fariña e a levadura e homoxeneizamos a mestura.
Vertemos
a masa en moldes de magdalena xa sexan de silicona ou de papel, e
espolvoreamos co azucre e canela. Forneamos durante 30 minutos e deixámolas enfriar.
Irene Rguez.
TARTA
DE CABAZA
Ingredientes:
- 25O gr de azucre
- 1 bote de leite condensada
- 1 cullerada de canela
- 1 limón
- 2 ovos
- galletas machacadas
- manteiga
ELABORACION: FERVEMOS
A CABAZA E BATÉMOLA. ENGADIMOS TODO O DEMAIS E PASÁMOLA POLA
BATEDORA.FORRAMOS A BASE CON GALLETAS MACHUCADAS E MESTURAMOS CON
MANTEIGA,SOBRE ESTA,COLOCAMOS A MASA E METEMOS NO FORNO XA QUENTE A 18OºC ATA QUE CALLE (COAGULE)
Iván Davila.
Chulas
de cabaza
Ingredientes
: [4 persoas ].
- Cabaza, 1 kilogramo de polpa.
- 2oo gramos de fariña.
- 2oo gramos de azucre.
- 6 ovos.
- Canela.
- Azucre”glas”.
- Auga.
- Sal.
- Aceite de oliva para fritir.
Preparación
:
Pélase
a cabaza, córtase en anacos e cócese con auga e sal. Unha vez cocida, pásase a un escorredor e déixase secar moi ben. Nun
recipiente fondo bátense os ovos co azucre e a fariña e engádese a
cabaza ben escorrida.
Ponse
na tixola ó lume cun pouco aceite e, cando estea quente, vamos
botando, cunha culler, a cabaza, de tal xeito que quede coma unha
chula. Dáselle a volta e facemos a mesma operación coas chulas que
se vaian preparar.
Cando
estean douradas as chulas, deixámolas escorrer ben e pasámolas a
unha fonte con canela e azucre”glas”.
Sara Cabaleiro.
Biscoito
de cabaza
Ingredientes:
- Dous centos cincuenta gramos de cabaza (crúa e limpa)
- Douscentos gramos de azucre
- Tres ovos
- Setenta gramos de aceite
- Douscentos cincuenta gramos de fariña
- Un sobre de levadura
Elaboración
Mesturar
todos o ingredientes nun bol, quedará unha masa bastante pastosa. Introdúcese a masa nunha manga pasteleira sen a boquilla ou
nunha bolsa de plástico á que lle cortamos un extremo. Dispoñer a masa, formando os biscoitos, na bandexa do forno
cuberta con papel de fornear, débese deixar separación entre eles
porque medran. Pintar con ovo e espolvorear de azucre.
Galletas
de cabaza
-
Ingredientes:
- 10 gr. de puré de cabaza
- 10 gr. de fariña simple
- 75 gr. de azucre
- 1 ovo
- 1 cullerada de levadura
- 50 gr. de peébidas de chocolate amargo
- 1 chisco de canela
Preparación:Primeiro facemos o puré de cabaza. Despois cortamos a cabaza en anacos e introducimos auga nunha pota a lume medio. Deixar cociñar durante 20 minutos. Pasado o tempo retiramos do lume, a escurrimos ben na auga e triturámola na batidora.Quentamos o forno a 180º. Mesturamos o puré coa fariña, e o azucre e o ovo lixeramente batido. Engadimos a levadura, a canela e as pébidas de chocolate. Removemos ben hasta obter una masa homoxénea.Unha vez temos a masa preparada vamos formamos pequenos montonciños, para iso collemos unha cullerada grande de masa e derramamola sobre unha bandexa de forno que previamente forramos con papel vexetal. Non poñer moi xuntos os montonciños, porque a masa tende a expandirse un pouco.Forneamos durante 10 minutos o ata que as galletas adquiran un tono dourado. Deixamos enfriar un pouco sobre una reixa. Una vez preparadas podémolas consumir temperadas o frías. De calquera xeito está moi boas.Aroa Coello.
30 oct 2012
24 oct 2012
Achégase a noite dos espíritos...
Etiquetas:
2012-13,
Infantil,
Obradoiros,
Primaria,
Samaín,
Secundaria,
Tradicións galegas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




