Este ano adícaselle o día das letras galegas ao mestre e historiador pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), alcalde de Pontevedra nos últimos tempos da ditadura franquista, pero tamén arqueólogo e escritor.
O historiador pontevedrés na súa vila natal |
Dende o noso colexio quixemos facerlle unha homenaxe e celebrar con todos os nenos e nenas unha semana fantástica de xogos, charlas e documentais que nos levaron aos tempos da posguerra.
Grazas á exposición sobre A escola noutros tempos poidemos descubrir ou volver a ver o material que se empregaban nas escolas nesa época.A Exposición
Os nenos e nenas de Infantil visitaron a nosa Exposición |
Libros, cadernos, enciclopedias, novelas, plumas e tinteiros, pizarríns, mapas ou máquinas de escribir... exhibíronse grazas á colaboración de algúns mestres e moitas das familias do nosos alumnos.
Non nos cansamos de dicir que temos moita sorte de que haxa familias tan colaboradoras. Un colexio non só o integran os alumnos e os mestres; as nais, os pais, as avoas e avós, os irmáns... TODOS FACEMOS ESCOLA.
Vivencias
Inés, Asun e Mª Carmen foron recibidas con grandes aplausos por todos os nenos e nenas e tamén polos profesores que puidemos escoitalas. |
Moitas grazas por compartir con nós as vosas lembranzas!!
Secundaria
Proxección
Días antes, os alumnos de secundaria viron algunhas esceas da película A lingua das bolboretas.
A historia está baseada no libro de Manuel Rivas que leva por título Que me queres, Amor?
O escritor galego Manuel Rivas |