O día 23 de
febreiro celebramos o día de Rosalía. Por iso, os alumnos/as de Educación
Infantil e as súas profes fixemos diversas actividades para coñecer un pouco máis a súa vida.
En primeiro
lugar, tiñamos que pórlle cara e comezamos facendo un retrato da ilustre Rosalía.
As mestras achegáronlles unha silueta da súa cara, e partir de aí tiñan que
completar o seu rostro. Para iso, empregamos diversos materiais como:
pegamento, tesoiras, pinturas, papel de seda ou charol.
De seguido,
fixemos dous murais. Un deles, co lema deste ano “Sementando
pensamentos”. Neste mural os rapaces tiveron que colorear diversas flores de
pensamentos, que posteriormente eles mesmos pegaron enmarcando o lema.
No outro mural, resaltamos a data desta conmemoración, que vai acompañada de diversos títulos de poemas da nosa escritora
Como a flor favorita de Rosalía de Castro
eran os pensamentos, fixemos 4 flores con 5 pétalos para colocar arredor do seu rostro
-
Unha flor está adicada a súa
biografía.
-
Outra resalta os títulos dos
poemas máis destacados.
-
Na seguinte atopamos os
versos dun poema
-
Para rematar, unha flor
reflexa o poema que aprenderon os rapaces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario