O xoves 19 de novembro os rapaces de Secundaria marchamos a celebrar o Magosto ao Monte Vixiador. Pasamos unha mañá estupenda paseando polo monte, xogando ao fútbol, cazando grilos e salamántigas na poza. Tamén tivemos tempo de comer castañas asadas grazas aos dous grandes asadores do noso colexio: Alberto e Luis. Fixeron unhas castañas riquísimas e pasamos un día estupendo en contacto coa natureza. O Outono tamén chegou ao Bouza Brey.
Déixovos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos.
![]() |
| Asando castañas sen parar |
![]() |
| Agardando polas castañas |
![]() |
| O Outono no Vixiador |
![]() |
| 3º da ESO |
![]() |
| Posando para o blog |
![]() |
| Xogando ao fútbol |
![]() |
| De paseo cos compañeiros |
![]() |
| Os de 4º da ESO posando |
![]() |
| 2º da ESO |
![]() |
| 1º da ESO |
![]() |
| Confidencias no Vixiador cos amigos |






















No hay comentarios:
Publicar un comentario