-A
MULLER DO PASILLO-
Unha noite de
Samaín, por facer algo de medo, xogamos a Ouixa, feito do que sempre
me arrepentirei. A noite era fría, no ambiente notábase un aroma
extraño, non sei definilo con palabras; uns amigos e máis eu buscabamos
unha vella ouixa que a miña familia sempre a tiña gardada... Era da
miña bisavoa, que morrera cando aínda eu non nacera, e sempre quixera
coñecela. Os meus amigos só o facían por diversión, eu por un fin, xa
que quería falar coa miña bisavoa.
A sesión
comezou, os meus amigos bromeaban, eu estaba moi seria, pero eles non
o notaron, ata que caeu un raio que iluminou a habitación escura,
seguido dun lóstrego, que estremeceu ata o último dos meus óso.
Asustados polo raio, meus amigos, quedaron calados, coma min,
concentrándose, de súpeto o punteiro da Ouija comezou a moverse.
Preguntamos quen era, pero non respondeu.
O punteiro
movíase sen cesar dun lado para outro, sen formar palabras. Ao final
parou,e lentamente, formulou as seguintes palabras: <<estou
indo a por vós>>.
Era unha muller
que estaba no pasillo e berraba para entrar na miña habitación. O peche estaba botado, non podía entrar, pero parecía que ía tirar
a porta.
A muller cada
vez máis desesperada gritaba o meu nome. Eu tiven o impulso de abrir
a porta, pero contívenme, eses gritos eran desesperados. Entón,
deime conta: era a miña bisavoa! Presentíao, aínda non podía
explicar como o sabía.
Lanceime a abrir
a porta, quería vela, tiña que vela, pero os meus amigos
agarráronme. Os gritos cesaron, unha das miñas amigas, tivo un
ataque de nervios. Achegámonos a consolala, pero unha voz grave e
forte saíu dela dicindo que non nos achegaramos. Quedámonos de
pedra. A muller do pasilllo comezou a gritar de novo:
<<¡
Aviseivos, non me fixéstes caso, agora morreredes!>>. A miña
amiga comezou a moverse dun lado a outro, dicindo que nos mataría.
Intentamos abrir a porta, pero non puidemos.
Os gritos cesaron, conseguimos abrir a porta, eu saín primeiro, pero
pechouse detrás de mín. Oín os gritos aterrorizados dos meus
amigos, histéricos pedindo socorro, dándolle patadas á porta para
abrila.
Escribo a miña
historia, corenta e cinco anos despois de que ocorrera, pois acabo de
saír do cárcere culpado polo asasinato dos meus amigos, ós que
encontrei mortos cando conseguín abrir a porta da miña habitación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario