6 mar 2014





O venres 14 de febreiro, como anticipo do Entroido visitounos no colexio un mozo moi faladeiro que nos deu a coñecer a figura do MERDEIRO vigués. Este personaxe, recuperado da tradición popular do entroido na nosa cidade está sendo recuperada grazas a dúas asociacións que indagaron sobre esta figura. Este personaxe que posúe uns atributos ben definidos como podedes observar nas fotografías adicábase a burlarse da xente, a pegarlle coas súas varas e a insultar aos viandantes que atopa polo seu camiño. Este ano podereses atopalo polas rúas viguesas do casco vello, así que non vos asustedes se o vedes.



Contounos  que este personaxe popular data dos anos 20 e nesta época os mariñeiros vigueses tiñan por costume vestirse de Merdeiros para incordiar á xente restregando ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos. o motivo da existencia desta figura foi a enterna xenreira entre mariñeiros e labregos. O Merdeiro era maleducado e un pouco violento, Corre, brinca e berra polas rúas co ánimo de asustar á xente e golpeala coa súa vara. A súa vestimenta era unha imitación dos escabicheiros, labregos que viñan á cidade para baleirar os pozos negros para abonar as súas terras.


Os nosos alumnos de 1º da Eso asistiron á actividade e puideron disfrazarse de Merdeiros durante unhas horas para visitar aos seus compañeiros e meterse con eles.









BIBLIOTECAS VIVENTES NO VERBUM

BIBLIOTECAS VIVENTES

O xoves día 10 de abril e como anticipo da Semana do Libro os alumnos de Secundaria tiveron unha saída moi interesante e novidosa no noso colexio. Fomos ao Museo Verbum (Casa das Palabras) para realizar unha actividade relacionada cos libros.

Anteriormente tivemos que entrar na páxina web da Biblioteca e seleccionar tres libros, os que máis nos interesaran, para ler unha síntese do seu contido e poder decidir que tipo de preguntas ou cuestións nos plantexaban.

O máis interesante foi chegar alí e atoparse cos personaxes deses libros e pode falar con eles directamente.

DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOGRAFÍAS PARA QUE VEXADES O INTERESANTE E DIVERTIDA QUE ESTIVO A ACTIVIDADE.

Finalmente ao rematar tivemos unha visita especial de dous xogadores do Celta que contestaron ás nosas preguntas moi amablemente e asinaron autógrafos.



 As regueifas con Josiño do Viso que dixo que no Bouza Brey había grandes Regueifeiros

 CATÁLOGO DE LIBROS:
1. Fiel, leal, valerosa e sempre benéfica
2. A lista da compra
3. It never rains in Southern California
4. Ollos de dragón
5. Mallando no android: Diario dun bloggeiro
6. Aventura extrema: Galicia nos cumios do mundo
7. Arremangar as saias e loitar
8. Carta de perdón ás Xeracións Roubadas
9. Caneando cambadelas
10. A nai que me pariu
11. Non dar puntada sen fío
12. Tres estacións nun só día

MÁGOA NON PODER CONVERSAR CON TODOS. PARA O VINDEIRO ANO SE TEMOS SORTE VOLVEREMOS PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE



 

14 feb 2014

DÍA DE SAN VALENTÍN 2014




Un agasallo para todos aqueles que senten bolboretas cando están ó ladiño de alguén especial. Unha canción con letra para que poidades ensaiar e cantar neste día especial.
Memoria da Noite (de Mago de Oz)


                                           
                                                Memoria da Noite (Mago de Oz)



5 dic 2013

O MAGOSTO (investigación)


Aquí tendes a publicación do traballo realizado por alumnos do grupo de investigación de primaria. Refráns, ditos, receitas, etc...
BO TRABALLO, RAPACES!

19 nov 2013

O Samaín no BOUZA BREY


O SAMAÍN NO BOUZA BREY. CABAZAS, BRUXAS, MEIGALLOS,CONXUROS.... TODO É POSIBLE. PASARÁS MEDO, MOITO MEDO, PERO TAMÉN SERÁ DIVERTIDO.  





O martes 29 de outubro celebramos no colexio o Samaín. Neste curso 2013-14 o equipo de Dinamización escolleu o tema das BRUXAS E AS BRUXARÍAS .









Os alumnos de Infantil realizaron unha vasoira de bruxa voadora e uns colgables de cabazas e os de 1º ciclo de primaria uns gorros de bruxa que quedaron así de bonitos.









Os alumnos de 3º. 4º, 5º e 6º estivemos creando uns colgables móbiles coa figura dunha bruxa e quedaron así de ben na clase.






Ademais arranxouse o salón de actos do colexio como  unha auténtica  caverna de meigallos e feitizos máxicos con dúas meigas de carne e óso que nos meteron moito medo. Nesta caverna os alumnos gañadores do concurso de conxuros e pócemas máxicas leron as súas fantásticas creacións. Déixovos aquí algunhas delas para que vexades como se luciron os nosos alumnos...........

CONXURO PARA A QUEIMADA DE SAMAÍN 

Aves, peixes, curuxas e pequenas bruxas,
magos, maguiños e sapos pequeniños:
ventás do norte, ventás do sur,
bosques escuros e vacas azuis
gruñidos de estómago e místicas herbas.
Seres mitolóxicos, elfos e gnomos.
Tronos da ira, dóuvos a benvida
para que este Samaín, chegue ben ao seu fin.
Mel de ollo, sae de diante,
trolls e ogros fóra dos meus ollos.
Voitres sen pluma e corvos sen peteiro
calamares con dentes e crackens fedorentos
os pés descalzos de magos apestosos.
Iras dos ventos furacanados, terremotos da terra,
avalanchas das neves e sunamis do mar,
eu pídovos: verdadeira felicidade e que aquí e agora
todas as cousas malas desaparezan e non volvan.

Autor: Greta De la Prieta 5º primaria

CONXURO DA MEIGA 

Bruxa bruxada
alento de fada
cabeza de sapo
córneas de gato.

Corvos do inferno
sangue de cervo
trae á miña cova
feitizos de loba.

Cova coveira
lume de fogueira
trae ao meu carón
patas de pichón.

Amigos de Satán
collédevos da man
e que a Santa Compaña        
vos cegue de lagañas.

Desexo con este meigallo
un Samaín de agasallo.

Autor: Roi Darriba Freire 6º primaria

CONXURO DE SAMAÍN

Outubro , o mes das bruxas¡
Ollos de sapo, patas de cabra
que teñas sorte para toda a semana.

Ás de aguia, orellas de coello,
que teñas sorte no mes de xaneiro
uñas de porco, nariz de elefante
que nunca ninguén che quite o teu colgante.

Escamas de crocodilo, cola de can
que sexas feliz todo o verán

Vasoira, vasoiriña
sombreiro voador,
aprende este conxuro
e serás o mellor.

Autor: Abrahán Coello 5º primaria
   
 


Por outra banda, todos os rapaces de primaria participaron nun concurso de cabazas coas que fixemos unha exposición expeluznante e os de secundaria leron neste escenario tenebroso os seus terroríficos e ao mesmo tempo divertidos relatos de meigas e meigallos.








AS NOSAS BRUXAS PARTICULARES DO BOUZA BREY



Este ano houbo tanta participación no concurso de cabazas que as profesoras tiveron que dar vinte diplomas para agasallar a todos os gañadores.


Exposición das cabazas





Na cova da bruxa as profesoras Lourdes e Bea apareceron vestidas de bruxas e daban terribles sustos aos rapaces máis despistados.















Abrahán na lectura do seu conxuro




 No salón de actos, convertido nunha auténtica caverna enmeigada os rapaces puidemos visualizar algunhas curtametraxes relacionadas coa noite dos espíritos como A bruxa regañadentes ou A meiga chuchona.







Os alumnos de secundaria informáronse da historia dunha insólita bruxa galega chamada María Soliña, que foi queimada na fogueira. O grupo Astarot realizou un vídeo sobre a vida desta muller e adicoulle esta canción que leva o seu nome.








Pasámolo de medo e esperamos con impaciencia a chegada do vindeiro SAMASÏNNNNNNN


13 nov 2013

LETRAS GALEGAS 2013: teatro

Este ano celebramos a Semana das Letras Galegas adicada ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño cunha homenaxe especial ao teatro.



 Fixemos unha obra de teatro titulada a Xuntanza adicada ao noso dramaturgo e a Rosalía de Castro. En realidade quixemos facer unha homenaxe especial a todas aquelas mulleres que adicaron coa súa vida a traballar en prol da igualdade das mulleres defendendo os seus dereitos e a súa posición na sociedade. A elas debémoslles o noso sitio na actualidade. En primeiro lugar á figura de Rosalía de Castro pero tamén a María Mariño, a Francisca Fernández Garrido e a Emilia Pardo Bazán. A obra trata a xuntanza temporal de varios personaxes que teñen en común o seren persoeiros das letras galegas en distintas épocas da historia desta celebración. Personaxes: Roberto Vidal Bolaño : Alex Braque Rosalía de Castro: Sara Novelle Francisca Herrera Garrido: Alba Rosa Martín Códax: Alberto González Emilia Pardo Bazán: Andrea Gil María Mariño: Aroa Rey Camareiro: Sergio Mosquera.


 Todos eles fixeron posible que pasarades uns minutos moi divertidos no que poidemos tamén escoitar algunha das poesías máis famosas de Rosalía e de María Mariño.