17 jun 2013
O BARDO ABELARDO VISITA INFANTIL
A clase de 3 anos tivo a visita do Bardo Abelardo que, co seu acordeón, animou o conto de "O rato e o gato", mentres os nenos acompañaban o ritmo coas súas palmadas http://www.youtube.com/watch?v=PuresMhAshg&feature=youtu.be
19 may 2013
LETRAS GALEGAS 2013
Etiquetas:
2012-2013,
ANO 2013,
DINAMIZACIÓN dramaturgo,
Letras galegas do 8 ao 20 de maio,
Obradoiros,
Roberto Vidal Bolaño,
Semana Letras galegas,
teatro
21 mar 2013
O Rap de Rosalía
Moitos xa sabedes que neste ano 2013 cúmprense 150 anos da publicación do poemario de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". Con tal celebración queremos animarvos e que participedes.
Os primeiros que se animaron a facer algo foron os alumnos de primeiro da ESO, que grabaron este vídeo no que rapean o fermoso e coñecido por todos "Adeus ríos, adeus fontes..." incluído no citado poemario.
O rap de Rosalía
Éxito nas regueifas 2013
Sara Novelle finalista no V Certame Escolar de Regueifas
Despois do taller de regueifas impartido por Luís "O Caruncho" e Pinto de Herbón, foron seleccionados como os mellores regueifeiros do centro os alumnos Sara Novelle, Iago González Mouriño, Sergio Sahuguillo, Sara Cabaleiro, Mario Corbal, Adriano Carballo, Aroa Rey, Adrián Vilas, Lucía Fernández e David González que representaron ao Bouza Brey no V Certame Escolar de Regueifas.
E isto non foi todo, posto que tivemos unha campioa que deixou o nome do noso centro ben alto. Sara Novelle logrou estar entre as catro finalistas (por certo, todas mulleres) de entre máis de 700 participantes, alumnos dos dez institutos de Vigo.
Noraboa a Sara e a todos os seleccionados.
E isto non foi todo, posto que tivemos unha campioa que deixou o nome do noso centro ben alto. Sara Novelle logrou estar entre as catro finalistas (por certo, todas mulleres) de entre máis de 700 participantes, alumnos dos dez institutos de Vigo.
Noraboa a Sara e a todos os seleccionados.
Sara Novelle. A nosa finalista.
Aquí tendes varios enlaces de interese. O primeiro é a noticia que o xornal La Voz de Galicia ten sobre este acontecemento. Estes outros son para aqueles que queiran saber máis de Pinto d'Herbón e Luís "O Caruncho" e sobre as regueifas.
Unha escolma de fotos de ese día:
Unha escolma de fotos de ese día:
20 nov 2012
Samaín
Samaín,
palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do
inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente
a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis
importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos,
comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas
festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as
portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de
vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render
contas inacabadas.
Para
afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes
adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as
caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos
ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición
europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou
calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor
galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga
xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España,
por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben
documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non
faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando
un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús
polas Rías Baixas, caveiras
de melón en Cedeira, calabazotes
en Ortigueira, colondros
en Ourense...etc.19 nov 2012
SAMAÍN 2012
Preparación
da cabaza
Elaboración:
Para
empezar ábrese a cabaza , débese cortar pensando que logo será a
tapa da cabeza , así que co coitelo de serra facemos un círculo na
parte superior . Retiramos a polpa.
A continuación, debe ser cortada cun coitelo de serra
formando un círculo na parte superior.
Eliminamos a polpa e as
sementes e facemos un pequeno furado para expulsar o fume das
velas.
Despois de probar nun folio,
facemos o debuxo na cabaza cun marcador.
Eliminamos os residuos cun pano, poñemos unha candea dentro da cabaza e gozar da Noite feliz de Todos os Santos.
PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA
Como
se talla unha cabaza
Escolle
a túa cabaza . O tamaño
non
importa pero procura que estea
máís
verde que madura. Durará
máis
tempo.
Coa
axuda dun familiar maior
corta
a parte superior da cabaza e
gárdaa.
Servirache
de tapa
Colle
unha culler e baleira o interior
da
cabaza . Límpaa moi ben
para
que quede só a tona dura do
exterior.
Talla
unha cara que produza moito
medo.
Cun coitelo ide tallando
os
ollos, o nariz e a boca.
Colocade
agora unha candea
no
interior e... a meter medo
á
veciña!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
