27 abr 2015

Bibliotecas Viventes no Verbum

O 15 de abril os alumnos de 1º e 2º da Eso fomos de visita ao Verbum. Alí, participamos nas Bibliotecas viventes "Grandes Tesouros". Nesta biblioteca, os libros son persoas con historias singulares, coñecementos e experiencias. Tivemos que escoller tres libros dos doce e buscar no plano a ubicación exacta do Libro.



Deixámosvos unhas fotos dos libros vivintes que máis lles gustaron aos nosos alumnos

Aos alumnos de primeiro da ESO o que máis lles gustou foi  o número 9 que levaba por título A nai que me pariu. Contaba a historia dun Regueifeiro (Só hai sete en Galicia), da súa vida singular, ensinounos a facer regueifas e cantamos unha copla entre todos, isto nos contaba David e Rodrigo. Estes rapaces quedaron encantados coa súa historia e co xeito de facer unha regueifa empregando o inxenio e a rima.





 Josiño do Viso contando as súas experiencias como Regueifeiro. Xa coñecía aos alumnos do Bouza Brey porque el tamén estivera en Valadares regueifando con  Caruncho e Pinto



Outros, como Lucía ou Paula , elixiron o número 10: Non dar puntadas sen fío. Alí contáronlles a historia dunha muller que traballou para grandes modistos internacionais pero que decidiu voltar á súa terra e identificarse coa historia do seu pobo a través da súa vestimenta. Hoxe en día traballa elaborando traxes artísticos da Reconquista. O que máis lles gustou foi un bolso que ela fixera para levar a pandeireta dun lugar a outro.


Patricia,  a nosa costureira particular, nun momento do seu relato




En cambio, a Izzan gustoulle moito o libro número 5 : Cando as formigas xogan coa música, falaba unha rapaza chamada  Alba María e contoulles que a ilusión da súa vida era cantar e traballou arreo ata conseguilo porque segundo esta moza os soños hai que perseguilos e nunca debes darte por vencido. Con ela cantaron unha canción e pasaron uns intres moi divertidos.




Por último a Uriel e a Esther gustoulles moito o libro 4 : Na gamela co asasino  e o número 11: Tres estacións nun só día. O  primeiro conta a historia dun rapaz que viaxou nunga gamela co asasino do seu pai sen sabelo e anos máis tarde decatouse desa historia. No segundo conta a historia dun vello mariñeiro que añora o mar e relata as súas experiencias dende Bouzas ata a fin do mundo.





11 abr 2015

VISITA A LUGO



O 9 de abril dentro do Proxecto Terra os alumnos de Secundaria fixemos unha visita a Lugo. Estudamos a arquitectura popular, o novo plan de rehabilitación do casco antigo, percorremos a súa muralla, visitamos o seu museo, a catedral e a Casa dos Mosaicos, unha espectacular Domus situada debaixo da propia cidade cunha infinidade de restos arqueolóxicos aínda por descubrir. Acompañáronnos dúas guías  e con elas coñecemos máis a fondo esta marabillosa cidade, unha das máis antigas do Imperio Romano. Deixámosvos unhas fotos para que vexades a nosa andaina.



Aspecto da Muralla de Lugo considerada Monumento Nacional



Mosaicos conservados  dentro do Museo Provincial da Cidade

Diante da Catedral de Lugo

Piscina romana conservada







Galería do museo, antigo convento franciscano





16 mar 2015

Regueifando en Valadares

Un ano máis, os alumnos de secundaria marchamos a Valadares a Regueifar con Caruncho e Pinto. Pasamos unhas horas moi divertidas pero ao mesmo tempo demostramos que somos uns excelentes regueifeiros cando competimos con distintos colexios de Vigo. Os alumnos do noso centro seleccionados para regueifar foron:

1. Ana Vilas
2. Lucía Fernández
3. Sara Cabaleiro
4. Aroa Coello
5. Mario Rey
6. Sergio Domínguez
7. Irene Rodríguez
8. Antía Alvarez
9. Gabriela De Paz
10. Breixo Omil

Déixovos unhas fotos deste acontecemento:
Aspecto do escenario de Valadares con todos os participantes do Certame de Regueifas

Aroa agardando polo momento da súa actuación
A nosa pancarta do colexio Bouza Brey

Cristian portando a Pancarta para animar aos seus compañeiros


Antía regueifando con outros participantes

Mario escoitando atentamente as indicacións
Breixo no momento da súa actuación


Lucía agardando o sinal para comezar

Sergio preparado xa para regueifar




































Sara escoitando atentamente as indicacións de Caruncho
Despois de varias horas de tensión, nervios e moita valentía os nosos alumnos volveron ao colexio cansos pero felices e contentos de ter participado neste certame un ano máis. Volveremos para o vindeiro ano a REGUEIFAR EN VALADARES.

Estas palabras escoitaba a nosa reporteira particular que quixo falar con eles para que nos deixasen algunhas das  súas coplas.






Coplccopas de presentación:

Coplas de Presentación:

Dende o colexio Bouza Brey
veño eu a participar
eu son Lucía Fernández
e vou intentar gañar.

Ola a todos regueifeiros
son chamado Mario Rey
e para que o saibades
veño do Bouza Brey

Eu son Aroa Coello
e sonche de aquí de Vigo
eu tamén son bailarina
e quero bailar contigo.

Eu son Irene Rodríguez
este anoo imos gañar
xa que somos os mellores
e non o podo remediar.

Eu son Sara Cabaleiro
toco a frauta traveseira
pero hoxe nas regueifas
vou cantar o que queira.

Chámome Sergio Domínguez
e non son moi atractivo
nin tampouco intelixente
pero si moi divertido.

Hoxe si vou regueifar
O meu nome é Antía
vivo preto do aeroporto
e canto con alegría.

O meu nome é Gabriela
veño cos meus compañeiros
a facer unhas regueifas
 encántoume coñecervos

O meu nome é Breixo Omil
e veño do Bouza Brey
veño a participar
e tamén veño a vencer.


Isto foi todo amiguiños, para o vindeiro curso volveremos regueifar en Valadares.

12 mar 2015

DÍA DE ROSALÍA

ROSALÍA DE CASTRO

Naceu o 24 de febreiro de 1837, en Santiago de Compostela.
Polo aniversario do seu nacemento no Colexio Bouza Brey sempre queremos recordala.
O pasado 24 de febreiro os mozos de 1º e 2º de Secundaria  recitaron os seus poemas e fixéronlle unha verdadeira homenaxe cun recital e un agasallo poético lembrando a súa obra e o seu pensamento, principalmente quixeron homenaxear á nosa autora polo seu espíritu crítico.
Aquí tendes unha escolma.

7 ene 2015

O Apalpador no Bouza Brey

Un ano máis o Apalpador chegou ao noso colexio con agasallos para todos grazas ao amigo invisible no que colaborou todo o alumnado. Dende o equipo de dinamización traballamos esta figura mítica do nadal galego para facerlles entender aos nenos que estas festas son algo máis que agasallos caros e consumismo. Con moi pouco, podemos facer felices aos que máis queremos...

 

Os premiados

Esta é unha escolma dalgúns do adornos premiados. O certame tivo moita participación, e a calidade e laboriosidade da maioría dos adornos foi comentada entre o profesorado. Queremos valorar o esforzo e a disposición das nais e pais dos alumnos pola axuda prestada aos seus fillos,   Sen vós, isto, non sería posible...  
Algúns dos adornos de Nadal premiados



Entrada Sorpresa

O apalpador chegou ben cedo para entregarlles aos galardonados o seu diploma. Foi moi divertido.
O noso apalpador entrando no colexio e agasallando a algúns dos alumnos vencedores do certame de adornos de nadal






7 dic 2014

O Samaín no Bouza Brey para os máis pequenos



Dende o equipo de Dinamización do colexio queremos impulsar a tradición da festividade do Samaín. Por ese motivo, todos os anos traballamos arreo para que as nosas tradicións continúen nas nosas vidas e os nosos alumnos coñezan e participen nesta tradición popular da nosa cultura. 
                
  Ambientamos o colexio, lemos contos de medo, vivimos as historias cos nosos contacontos particulares e elaboramos o noso certame de cabazas na que todos participades entusiasmados.


Os máis pequenos tamén contribuíron ao festexo e elaboraron as súas propias cabazas. Iago, o contacontos tróuxonos a historia do "aprendiz do home do saco".













.





Os alumnos da ESO tamén celebran o Samaín


Cine de medo polo Samaín

                                            "Romasanta, a caza da besta"                                                                                                                                  


cartel da longametraxe subtitulada
ao galego

O 29 de outubro celebramos no noso Colexio o Samaín. Este ano a temática elixida foi a lenda do Lobishome.
Os alumnos de secundaria traballaron a lenda do Lobishome de Allariz e miraron a película  coa doblaxe en galego.  

momento da transformación
.
Foi unha película moi interesante pero ao mesmo produciulles un enorme terror ao observar a transformación cinematográfica do lobishome.





Creación Literaria

"o lobisome"

Tamén leron distintas historia elaboradas por eles mesmos e recopiladas nun libro que tiñan como temática xeral a lenda do home lobo.
Concedéronse un primeiro e segundo premio por curso a aqueles textos con máis calidade narrativa e logo poideron contalas diante dos seus compañeiros na sala de audiovisuais onde se creou a atmósfera propicia para que os alumnos disfrutasen das historias.

Así estaba ambientada a nosa sala de audiovisuais que se converteu por un día na cova do home do saco ou do lobishome.

cartel da entrada da sala.
o home do saco en primeiro plano
vixiando as andainas dos alumnos


A verdade e que este ano os alumnos fixeron un gran traballo e poidemos ler historias cheas de intriga, medo ou misterio moi ben elaboradas.
Nunha próxima entrada do blogue, seguramente publicaremos algunhas das historias galardonadas para que poidades disfrutalas coma nós.