O 9 de abril dentro do Proxecto Terra os alumnos de Secundaria fixemos unha visita a Lugo. Estudamos a arquitectura popular, o novo plan de rehabilitación do casco antigo, percorremos a súa muralla, visitamos o seu museo, a catedral e a Casa dos Mosaicos, unha espectacular Domus situada debaixo da propia cidade cunha infinidade de restos arqueolóxicos aínda por descubrir. Acompañáronnos dúas guías e con elas coñecemos máis a fondo esta marabillosa cidade, unha das máis antigas do Imperio Romano. Deixámosvos unhas fotos para que vexades a nosa andaina.
Aspecto da Muralla de Lugo considerada Monumento Nacional |
Mosaicos conservados dentro do Museo Provincial da Cidade |
Diante da Catedral de Lugo |
Piscina romana conservada |
Galería do museo, antigo convento franciscano |
No hay comentarios:
Publicar un comentario