Moitos dos alumnos de 1º da ESO compuxeron unha melodía moi fermosa para un dos poemas máis coñecidos de Díaz Castro, o famoso "Penélope", no que o autor establece un paralelismo entre Galicia e Penélope, que tecía no seu tear de día e desfacía a labor pola noite mentres esperaba a chegada de Ulises.
Tiveron a oportunidade de interpretala para todo o colexio nun pequeno homenaxe ao escritor polo día das Letras Galegas. Foi todo un éxito.
Este ano imos celebrar unha vez máis a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. O autor homenaxeado este ano é XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, autor dun único libro de poemas titulado NIMBOS. Consideramos que o poema máis representativo deste autor é PENÉLOPE porque recrea o mito de Penélope, a muller de Ulises, que simboliza a longa espera de Galicia e o desexo de que cambien as cousas. Os alumnos do colexio tiveron que aprender este poema e algúns deles puxéronlle incluso música.
Déixovos a historia do Mito de Penélope neste vídeo para que todos e todas o coñezades.
Aquí tedes a presentación que fixo Jorge Martínez (1º ESO) sobre Xosé Mª Díaz Castro e a canción Penélope con letra e música dos alumnos de 1º da ESO.
6 mar 2014
O venres 14 de febreiro, como anticipo do Entroido visitounos no colexio un mozo moi faladeiro que nos deu a coñecer a figura do MERDEIRO vigués. Este personaxe, recuperado da tradición popular do entroido na nosa cidade está sendo recuperada grazas a dúas asociacións que indagaron sobre esta figura. Este personaxe que posúe uns atributos ben definidos como podedes observar nas fotografías adicábase a burlarse da xente, a pegarlle coas súas varas e a insultar aos viandantes que atopa polo seu camiño. Este ano podereses atopalo polas rúas viguesas do casco vello, así que non vos asustedes se o vedes.
Contounos que este personaxe popular data dos anos 20 e nesta época os mariñeiros vigueses tiñan por costume vestirse de Merdeiros para incordiar á xente restregando ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos. o motivo da existencia desta figura foi a enterna xenreira entre mariñeiros e labregos. O Merdeiro era maleducado e un pouco violento, Corre, brinca e berra polas rúas co ánimo de asustar á xente e golpeala coa súa vara. A súa vestimenta era unha imitación dos escabicheiros, labregos que viñan á cidade para baleirar os pozos negros para abonar as súas terras.
Os nosos alumnos de 1º da Eso asistiron á actividade e puideron disfrazarse de Merdeiros durante unhas horas para visitar aos seus compañeiros e meterse con eles.
O xoves día 10 de abril e como anticipo da Semana do Libro os alumnos de Secundaria tiveron unha saída moi interesante e novidosa no noso colexio. Fomos ao Museo Verbum (Casa das Palabras) para realizar unha actividade relacionada cos libros.
Anteriormente tivemos que entrar na páxina web da Biblioteca e seleccionar tres libros, os que máis nos interesaran, para ler unha síntese do seu contido e poder decidir que tipo de preguntas ou cuestións nos plantexaban.
O máis interesante foi chegar alí e atoparse cos personaxes deses libros e pode falar con eles directamente.
DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOGRAFÍAS PARA QUE VEXADES O INTERESANTE E DIVERTIDA QUE ESTIVO A ACTIVIDADE.
Finalmente ao rematar tivemos unha visita especial de dous xogadores do Celta que contestaron ás nosas preguntas moi amablemente e asinaron autógrafos.
As regueifas con Josiño do Viso que dixo que no Bouza Brey había grandes Regueifeiros
CATÁLOGO DE LIBROS: 1. Fiel, leal, valerosa e sempre benéfica 2. A lista da compra 3. It never rains in Southern California 4. Ollos de dragón 5. Mallando no android: Diario dun bloggeiro 6. Aventura extrema: Galicia nos cumios do mundo 7. Arremangar as saias e loitar 8. Carta de perdón ás Xeracións Roubadas 9. Caneando cambadelas 10. A nai que me pariu 11. Non dar puntada sen fío 12. Tres estacións nun só día MÁGOA NON PODER CONVERSAR CON TODOS. PARA O VINDEIRO ANO SE TEMOS SORTE VOLVEREMOS PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE
Un agasallo para todos aqueles que senten bolboretas cando están ó ladiño de alguén especial. Unha canción con letra para que poidades ensaiar e cantar neste día especial.
Aquí tendes a publicación do traballo realizado por alumnos do grupo de investigación de primaria. Refráns, ditos, receitas, etc...
BO TRABALLO, RAPACES!
O SAMAÍN NO BOUZA BREY. CABAZAS, BRUXAS, MEIGALLOS,CONXUROS.... TODO É POSIBLE. PASARÁS MEDO, MOITO MEDO, PERO TAMÉN SERÁ DIVERTIDO.
O martes 29 de outubro celebramos no colexio o Samaín. Neste curso 2013-14 o equipo de Dinamización escolleu o tema das BRUXAS E AS BRUXARÍAS .
Os alumnos de Infantil realizaron unha vasoira de bruxa voadora e uns colgables de cabazas e os de 1º ciclo de primaria uns gorros de bruxa que quedaron así de bonitos.
Os alumnos de 3º. 4º, 5º e 6º estivemos creando uns colgables móbiles coa figura dunha bruxa e quedaron así de ben na clase.
Ademais arranxouse o salón de actos do colexio como unha auténtica caverna de meigallos e feitizos máxicos con dúas meigas de carne e óso que nos meteron moito medo. Nesta caverna os alumnos gañadores do concurso de conxuros e pócemas máxicas leron as súas fantásticas creacións. Déixovos aquí algunhas delas para que vexades como se luciron os nosos alumnos...........
CONXURO PARA A QUEIMADA DE SAMAÍN
Aves, peixes, curuxas e pequenas bruxas, magos, maguiños e sapos pequeniños: ventás do norte, ventás do sur, bosques escuros e vacas azuis gruñidos de estómago e místicas herbas. Seres mitolóxicos, elfos e gnomos. Tronos da ira, dóuvos a benvida para que este Samaín, chegue ben ao seu fin. Mel de ollo, sae de diante, trolls e ogros fóra dos meus ollos. Voitres sen pluma e corvos sen peteiro calamares con dentes e crackens fedorentos os pés descalzos de magos apestosos. Iras dos ventos furacanados, terremotos da terra, avalanchas das neves e sunamis do mar, eu pídovos: verdadeira felicidade e que aquí e agora todas as cousas malas desaparezan e non volvan.
Autor: Greta De la Prieta 5º primaria
CONXURO DA MEIGA
Bruxa bruxada alento de fada cabeza de sapo córneas de gato.
Corvos do inferno sangue de cervo trae á miña cova feitizos de loba.
Cova coveira lume de fogueira trae ao meu carón patas de pichón.
Amigos de Satán collédevos da man e que a Santa Compaña vos cegue de lagañas.
Desexo con este meigallo un Samaín de agasallo.
Autor: Roi Darriba Freire 6º primaria
CONXURO DE SAMAÍN
Outubro , o mes das bruxas¡ Ollos de sapo, patas de cabra que teñas sorte para toda a semana.
Ás de aguia, orellas de coello, que teñas sorte no mes de xaneiro uñas de porco, nariz de elefante que nunca ninguén che quite o teu colgante. Escamas de crocodilo, cola de can que sexas feliz todo o verán Vasoira, vasoiriña sombreiro voador, aprende este conxuro e serás o mellor. Autor: Abrahán Coello 5º primaria
Por outra banda, todos os rapaces de primaria participaron nun concurso de cabazas coas que fixemos unha exposición expeluznante e os de secundaria leron neste escenario tenebroso os seus terroríficos e ao mesmo tempo divertidos relatos de meigas e meigallos.
AS NOSAS BRUXAS PARTICULARES DO BOUZA BREY
Este ano houbo tanta participación no concurso de cabazas que as profesoras tiveron que dar vinte diplomas para agasallar a todos os gañadores.
Exposición das cabazas
Na cova da bruxa as profesoras Lourdes e Bea apareceron vestidas de bruxas e daban terribles sustos aos rapaces máis despistados.
Abrahán na lectura do seu conxuro
No salón de actos, convertido nunha auténtica caverna enmeigada os rapaces puidemos visualizar algunhas curtametraxes relacionadas coa noite dos espíritos como A bruxa regañadentes ou A meiga chuchona.
Os alumnos de secundaria informáronse da historia dunha insólita bruxa galega chamada María Soliña, que foi queimada na fogueira. O grupo Astarot realizou un vídeo sobre a vida desta muller e adicoulle esta canción que leva o seu nome.
Pasámolo de medo e esperamos con impaciencia a chegada do vindeiro SAMASÏNNNNNNN