O SAMAÍN NO BOUZA BREY
Este curso, una vez máis, celebramos no colexio a xa tradicional festa do Samaín. Fixemos a exposición de cabazas no Salón de actos do colexio. Para poder acceder á exposición había que pasar polo túnel das tebras onde pequenos e maiores tiveron que sortear momias, esqueletos e pantasmas ata chegar ao seu destino. O salón de actos estaba ambientado para a ocasión e producía arrepío achegarse. No seu interior realizouse un obradoiro de maquillaxe especial para este día.
AQUÍ tendes un enlace para ver o album de fotos desta celebración.
AQUÍ tendes un enlace para ver o album de fotos desta celebración.
Rematamos coa entrega de diplomas a todos aqueles participantes e non queremos máis que agradecerlles ás colaboradoras do Anpa e aos alumnos de 4º da ESO que estiveron con nós toda a mañá traballando arreo para que os nenos e nenas saísen do colexio coa cara pintada de esqueletos, lobishomes, mortos viventes, zombis, vampiros e vampiresas. Todos eles conseguiron que o mundo das almas en pena e dos mortos entrase no colexio e celebrasen con nós esta tradicional festa galega.
Para aqueles pais/nais que non poidestes asistir á exposición deixámosvos un enlace a dúas curtametraxes que viron os alumnos de secundaria sobre os vampiros e a Santa Compaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario