5 nov 2019

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN NO COLEXIO BOUZA BREY



O SAMAÍN E A SANTA COMPAÑA

Un ano máis celebramos o Samaín no noso colexio co tradicional concurso de cabazas e o obradoiro de maquillaxe en colaboración coas mamás da  ANPA que estiveron toda a mañá maquillando aos nenos/as que quixeron participar. Os días 29 e 30 de outubro a sala de audiovisuais do noso colexio estivo ambientada nunha fraga galega coa presencia de varios membros da terrorífica SANTA COMPAÑA. Os rapaces e rapazas puideron entrar no noso recinto e observar de primeira man aos integrantes desta procesión de mortos presente nas historias tradicionais de Galicia,  tamén acudiron á exposición das cabazas que todos os alumnos, dende infantil ata primaria presentaron ao concurso que levamos tantos anos organizando e na que houbo numerosos diplomas.
Samaín 2019 from Colexio Bouza Brey on Vimeo.


Podedes ver  as imaxes da exposición de cabazas






























Deixámosvos algunhas imaxes deste día para que vexades que ben o pasaron os alumnos de Infantil e os de 1º e 2º de Primaria cando visitaron a exposición e bailaron ao ritmo de María Fumaça Mamá Cabra  e Uxía lambona e a banda molona




https://www.youtube.com/watch?v=hy-F-bWc7F4








A última hora tocoulles aos maiores do colexio que disfrutraron maquillándose e quedaron así de ben.
Son todos uns artistas


Ana e Hugo 

Os alumnos de 4º Nerea, Iria e Gabriel

Lucía e Aldara

Iván daba moito medo
Alumnos de 3º e 4º 

Sofía en pleno proceso de creación

Os alumnos de 3º coas súa maquillaxe

Aicha é unha auténtica artista
Sofía deixándose maquillar por Lucía
Naiara así de guapa

Os tres amigos xa maquillados

Jana, Hugo e Ana de 4º da ESO


Gabriel deixándose maquillar por Naiara




Noa maquillando a Denis



E para rematar aquí tedes uns enlaces aos documentais e lendas que os alumnos de Secundaria puideron traballar na clase de galego para aprender máis sobre a Santa Compaña.

https://brincovigo.com/project/lendas-vivas-ficcion/

















































17 oct 2019

SAMAÍN


Samaín no BOUZA BREY


Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús  ; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío inverno: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín, tempos de bruxas e meigas.

 Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

 O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.

É unha tradición aínda hoxe presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, Madrid, Cuenca, Guadalajara..etc.
No noso colexio celébrase o Samaín cunha exposición de cabazas e cun obradoiro de maquillaxe para todos aqueles nenos e nenas que queiran participar. Ambientamos o colexio e adornamos as clases con morcegos, esqueletos, bruxas e diaños. 



O VINDEIRO 30 DE OUTUBRO AÍ NOS VEREMOS, O SAMAÍN NO BOUZA BREY

Historias da Vida - Anton Fraguas

21 feb 2019

Día de Rosalía de Castro 2019

O vindeiro 24 de febreiro celebramos no colexio todos xuntos o día de Rosalía de Castro con este vídeo.

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
ADIÓS REGATOS PEQUENOS
ADIÓS VISTA DOS MEUS OLLOS
NON SEI CANDO NOS VEREMOS

Co recital poético deste poema tan popular e coñecido de Rosalía de Castro quixemos homenaxear á nosa escritora máis emblemática no seu día.


Ademais podedes escoitar a versión clásica de Amancio Prada no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=tdFHyOL4VJo

E outra versión máis moderna de Lucía Pérez https://www.youtube.com/watch?v=hVegN3hhRsg


4 ene 2019

Nadal: Amigo invisible




O Nadal é unha data especial para agasallar e compartir felicidade cos nosos compañeiros, amigos e familiares.

No Bouza Brey quixemos celebrar estas datas co amigo invisible, con el compartimos felicidade e alegría.

     BO NADAL A TODOS






Deixámosvos unhas fotos dese día