20 feb 2021

O ENTROIDO


 Este ano non fixemos a nosa tradicional FESTA DO ENTROIDO no  colexio por mor da pandemia. Déixamosvos unhas fotos das Pantallas que realizaron os alumnos de Primaria, os disfraces dos alumnos de Infantil  e uns vídeos que realizaron os nosos alumnos de 1º da ESO onde buscaron información sobre os entroidos máis famosos en Galicia como o de Verín, Laza,  Xinzo de Limia, Pontevedra, Ulla, Manzaneda, Cobres....











Amarech  explicounos o significado da palabra Entroido e falounos do Entroido en Pontevedra co Loro Ravachol.

O entroido é unha das festas máis antigas onde todo está permitido. Procede do termo latino Introitus e ten que ver coa chegada da primavera.
 


Iago e Izan explicáronos cales eran as comidas típicas do Entroido


Non podemos esquecer que a gastronomía en Galicia sempre vai unida ás súas festas: O cocido, o lacón con grelos, as filloas, as orellas e como non, o licor café
 
Tamén falaron das datas escollidas para celebrar estas festas  

dende o domingo de Fareleiro ata o domingo de Piñata.




Laura ensinounos a figura da Pantalla


As Pantallas son os personaxes típicos do Entroido de Xinzo de Limia (Ourense). 

Nicolas ensinounos como se chamaban cada unha das partes do vestido que levan as Pantallas

Os alumnos de Primaria realizaron a súa propia Pantalla . Aquí tedes as fotos



Ademais das Pantallas temos outros personaxes típicos do Entroido como os Cigarróns, os Peliqueiros, os Volantes, os Xenerais,  as Mázcaras, o Loro Ravachol, os Folións, os Boteiros,   as Madamas e os Galáns...... cada vila de Galicia ten os seus propios personaxes.

Neste enlace podedes velos 

https://www.youtube.com/watch?v=gzBAOkOvYNM








Os alumnos de Infantil crearon os seus traxes e así estaban disfrazados na clase












1 nov 2020

SAMAÍN 2020




 Todos os anos celebrabamos no colexio o Samaín co noso concurso de cabazas e o obradoiro de maquillaxe. Este ano non puido ser pero gustaríanos compartir con vós estas curtametraxes para que o espírito do Samaín non desapareza e agardamos poder celebralo para o vindeiro curso.

https://www.youtube.com/watch?v=dUH5RnBESgc




20 may 2020

Letras Galegas - xoves 21 - 4º da ESO


A última achega vén da man de 4º da ESO que nos amosan as súas preferencias literarias de entre os escritores máis modernos do século XX

ANA

ASHENAFI

NEREA

SOFÍA

UXÍA

19 may 2020

Letras Galegas - mércores 20 - 3º da ESO


Hoxe chega da man de 3º da ESO un pequeno recital poético con poesía dos tres grandes autores do Rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal.

ANXO

ANTÍA F.

ALDARA

ANTÍA P.

DANIELA

17 may 2020

Letras Galegas - luns18 - 1º da ESO





 Os vídeos que queremos compartir con vós hoxe son os realizados por 1º da ESO sobre cantigas, lendas e refráns da nosa cultura popular

NOÉ

IRIA

ALIA

SASHA


14 may 2020

LETRAS GALEGAS 2020



Este ano,  tan diferente aos que levamos vivido, decidimos facerlle unha homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO dun xeito tamén especial. 

Os nosos alumnos dende as súas casas quixeron honrar este día e agasallarnos uns vídeos nos que aportaron o seu gran de area á DINAMIZACIÓN da nosa cultura.

  • luns 18 - publicaremos os vídeos de 1º da ESO que amosaron cantigas, refráns, e lendas da nosa cultura popular.

  • martes 19 - toca ANIMACIÓN Á LECTURA coas recomendacións literarias dos alumnos de 2º da ESO.

  • mércores 20 - da man de 3º da ESO teremos un recital poético da poesía dos tres grandes autores do Rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal.


  • xoves 21 - os rapaces e rapazas de 4º da ESO amosarán as súas preferencias literarias sobre escritores máis modernos do século XX





UN CABELO DE ANJO

pendurado do ceo,
se non é a espada de Democles
é adival para o espírito,
ximio equilibrista,
que, nel agareado,
pode arrandear sobre a terra
e crer que é a araña dun fío
tirado do seu propio miolo,
cordón umbilical que o vencella
o seu niño que está no azul.
Mais non sabemos
qué é o norte, qué é o sul,
o cenit e o nadir,
a vida e a morte,
a terra e o ceo,
cál é o metro que leva ao paraíso
e qué aeronave nos conduz ao inferno.



Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, transladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil. Até 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa TerraNósGuiónGalizaResolUniversitariosPapel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.
     O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando constitucional, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea"— que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Renacemento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.

     Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
     Membro da Real Academia Galega desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.


Autor de numerosas obras literarias como son as seguintes: