29 may 2012
Contacontos
Os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron unha xornada moi animada durante a Semana das Letras pola chegada dun contacontos á escola. Xuntámonos os tres cursos na aula de audiovisuais e alí disfrutamos e rimos a cachón cos seus contos e historias. Vede o ben que o pasamos.
14 may 2012
8 may 2012
REGUEIFANDO EN VALADARES
O venres 16 de marzo fomos a Valadares para participar no festival de Regueifas, marchamos no autobús todos os alumnos de secundaria, agás os de 1º da eso. Pasámolo moi ben e competimos contra o Ies de Coruxo, o IES Ricardo Mella, o colexio Monterrey e outros centros. Case gañamos pero ao final quedamos segundos aínda que mereciamos gañar porque Alberto Méndez, David Pereira e Iago Fernández fixérono de marabilla. Deixámosvos unhas fotos para que o vexades:
Descargar as fotos
Letras galegas 2012: Valentín Paz Andrade
Colaborou na revista quincenal Industrias Pesqueras (Vigo)
Impartiu numerosos cursos de Economía pesqueira
Publica o libro Producción y fluctuación de las pesquerías
Impartiu numerosas conferencias como: El impacto de la sardina en la economía de Galicia
El sistema económico de la pesca en Galicia
12 ene 2012
Saída ao Museo de Pontevedra
Os alumnos de 5º e 6º de primaria o día 8 de novembro fixemos unha saída moi interesante e amena ao museo de Pontevedra. Fixeron unha visita ao museo dun xeito diferente: interpretaban e estudaban as obras e restos arqueolóxicos dende a investigación; eles seguían as pistas que lles daban os monitores e averiguaban de que obras e restos se trataban. Deste xeito ao mesmo tempo que aprendían cousas novas, divertíanse. Podemos dicir que o tempo pasounos voando.
11 ene 2012
OBRADOIRO DAS CANTIGAS DE AMIGO
As cantigas de amigo galego-portuguesas son a representación autóctona da poesía galega da Idade Media. Son cantigas de carácter amoroso postas en boca dunha muller que se lamenta pola ausencia do seu namorado ao que ela agarda. Os nosos alumnos de 3º e 4º da Eso recibiron unha charla sobre a creación deste tipo de cantigas medievais cun tratamento moderno semellante o Hip hop actual. Despois da charla tiveron que poñerlle música a estas cantigas e quedáronlle moi ben.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)