8 may 2012

REGUEIFANDO EN VALADARES


O venres 16 de marzo fomos a Valadares para participar no festival de Regueifas, marchamos no autobús todos os alumnos de secundaria,  agás os de 1º da eso. Pasámolo moi ben e competimos contra o Ies de Coruxo, o IES Ricardo Mella, o colexio Monterrey  e outros centros. Case gañamos pero ao final quedamos segundos aínda que mereciamos gañar porque Alberto Méndez, David Pereira e Iago Fernández fixérono de marabilla. Deixámosvos unhas fotos para que o vexades:

Descargar as fotos

A poesía e Valentín Paz Andrade



Escoitamos este poema de Valentín, espero que vos guste moito

Letras galegas 2012: Valentín Paz Andrade

CHARLA VALENTÍN PAZ ANDRADE O HOME E O MAR
Colaborou na revista quincenal Industrias Pesqueras (Vigo)
Impartiu numerosos cursos de Economía pesqueira
Publica o libro Producción y fluctuación de las pesquerías
Impartiu numerosas conferencias como: El impacto de la sardina en la economía de Galicia
El sistema económico de la pesca en Galicia
Foi vicepresidente de Pescanova. Os alumnos de 4º da ESO fixeron uns paneis interactivos cos que os rapaces e rapazas máis pequenos do colexio poideron xogar e participar coñecendo a figura do noso homenaxeado.

12 ene 2012

Saída ao Museo de Pontevedra






Os alumnos de 5º e 6º de primaria o día 8 de novembro  fixemos unha saída moi interesante e amena ao museo de Pontevedra. Fixeron unha visita ao museo dun xeito diferente: interpretaban e estudaban as obras e restos arqueolóxicos dende  a investigación; eles seguían as pistas que lles daban os monitores e averiguaban de que obras e restos se trataban. Deste xeito ao mesmo tempo que aprendían cousas novas, divertíanse. Podemos dicir que o tempo pasounos voando.

11 ene 2012

OBRADOIRO DAS CANTIGAS DE AMIGO



As cantigas de amigo galego-portuguesas son a representación autóctona da poesía galega da Idade Media. Son cantigas de carácter amoroso postas en boca dunha muller que se lamenta pola ausencia do seu namorado ao que ela agarda. Os nosos alumnos de 3º e 4º da Eso recibiron unha charla sobre a creación deste tipo de cantigas medievais cun tratamento moderno semellante o Hip hop actual. Despois da charla tiveron que poñerlle música a estas cantigas e quedáronlle moi ben.

10 ene 2012

O APALPADOR

Este ano recibimos a visita do Apalpador no noso colexio.  O Apalpador é unha figura recuperada das terras do Courel  e trátase dun vello leñador que o 31 de decembro baixa das montañas á vila e visita a todos aqueles nenos apalpándolles a barriguiña e deixándolles castañas e algunha cousa feita a man por el mesmo.  Aquí vos deixo unha cantiga popular recollida en Romeor do Courel por José André Lopez Gonçalez (1994).

CANTIGA DO APALPADOR

Vaite logo meu meñiño
marcha agora pra camiña
que vai vir o Apalpadore
apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande
dia do noso señore
xa chegou o día grande
e virá o apalpadore.

Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e a vir o Apalpadore
cunha mega de castañas.

Alá por aquela cemba
mira xa ven relumbrando
o señor Apalpadore
para darvos o aguinaldo.


Déixovos a historia do Apalpador:  http://www.%20vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?


Aquí podedes ver ao noso Apalpador particular que baixou das terras do Courel para vir visitar os nosos nenos o día 21 de decembro.




O magosto no Bouza Brey

O venres 18 de novembro por fin poidemos celebrar O MAGOSTO..............
Despois de moitos avatares fomos ao parque de San Xoán a comer castañas, xogar ao fútbol e contar historias cos nosos compañeiros de clase. Déixovos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos