18 mar 2024

Día de Rosalía 2024

 DÍA DE ROSALÍA





Como cada ano celebramos no colexio o DÍA de Rosalía con múltiples actividades.

Este curso realizamos un tríptico moi chulo e unha gravación dun poema da nosa autora preferida.

Auí tedes o acceso a todas estas actividades:

Rosalía




Os máis pequenos realizaron unha manualidade que levaron para as súas casas






27 nov 2023

O MAGOSTO NO VIXIADOR


Este ano, como xa vén sendo tradición no noso colexio,  festexamos o Magosto no monte Vixiador. Pasamos unha mañá moi entretida  onde os profesores asaron castañas e fixemos unha merendola nas mesas de pedra. Estivemos  en contacto coa natureza e xogamos a facer cabanas. 

O día estaba fantástico e desfrutamos moito deste día. Ademais este ano viñeron os nenos e nenas de infantil que por primeira vez viñeron a acompañarnos neste día.

O Magosto é unha festa tradicional galega e vouvos deixar un power point sobre esta tradición ancestral de orixe celta que realizou unha alumna de 2º da ESO.

O Magosto: festa tradicional

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o vén que o pasamos ese día (para ver as fotos tes que usar o teu correo do colexio e o teu contrasinal)

GALERÍA DE FOTOS

23 feb 2023

Día de Rosalía



DIA DE ROSALÍA     23 DE FEBREIRO 



Os alumnos/as de Infantil realizaron un cartel coa figura de Rosalía e traballaron con distintas emocións que pegaron e colorearon no seu vestido.


Os alumnos/as de 3º da ESO realizaron diversas infografías onde explicaron que era o Rexurdimento, quen son os seus autores máis destacados e realzaron a figura de Rosalía contándonos asobras que escribiu, tanto en galego como en castelán. Pescudaron na súa vida e obra e averiguaron que non só foi importante para o Rexurdimento, senón que tamén foi unha figura clase do Romanticismo español.





Os alumnos da clase de Educación especial realizaron un fotocall coas fotos de Rosalía e os compañeiros das clases de 1º e 2º de primaria pasárono en grande saíndo nas fotos. 

 Diego, Adriana e Inés foron os primeiros en sairen orgullosos polo seu traballo.























































 

2 may 2022

Saída ao Castelo de Soutomaior








 O xoves 28 de abril os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron unha saída moi interesante ao castelo de Soutomaior. Unha parte da actividade  realizouse dentro do castelo e a outra nos xardíns exteriores.

Dentro do castelo a monitora falounos da Idade Media e das revoltas Irmandiñas, tamén vimos un vídeo sobre a figura de Pedro Madruga, que realmente se chamaba Pedro Álvarez de Sotomayor, señor feudal que apoiou  guerra a favor de Xoana a Beltranexa e acabou perdendo todo o seu señorío pola súa enemistade coa familia Fonseca,  aínda que hai moitos historiadores que o relacionan coa figura de  Cristovo Colón. 




Máis tarde o castelo converteuse nun palacio cuns xardíns espectaculares cando pasou a ser propiedade do Marqués de la Vega de Armijo. Finalmente, ao non ter descendencia, deixoullo en herdanza a súa sobriña María Vinyals. Esta  magnífica muller de marcado carácter progresista e feminista converteu o castelo nun lugar de reunión de artistas, políticos e intelectuais. Xunto ao seu marido construiu, no que hoxe é a pousada do castelo, un sanatorio mental.


Cando rematamos a visita polo interior do castelo, o profesor de Bioloxía tiña preparada unha actividade cos alumnos para desfrutar do espectacular xardín e recoñecer aquelas plantas e árbores xenlleiras que rodean o castelo. O parque botánico  está formado por castiñeiros, criptomerias, araucaria, sequoia, plantacións de té e un excepcional roteiro de camelias formado por dez especies distintas que recibiron o nome de diferentes mulleres galegas ilustres como a propia María Vinyals, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán


Déixámosvos  as fotos deste día.