7 ene 2015

O Apalpador no Bouza Brey

Un ano máis o Apalpador chegou ao noso colexio con agasallos para todos grazas ao amigo invisible no que colaborou todo o alumnado. Dende o equipo de dinamización traballamos esta figura mítica do nadal galego para facerlles entender aos nenos que estas festas son algo máis que agasallos caros e consumismo. Con moi pouco, podemos facer felices aos que máis queremos...

 

Os premiados

Esta é unha escolma dalgúns do adornos premiados. O certame tivo moita participación, e a calidade e laboriosidade da maioría dos adornos foi comentada entre o profesorado. Queremos valorar o esforzo e a disposición das nais e pais dos alumnos pola axuda prestada aos seus fillos,   Sen vós, isto, non sería posible...  
Algúns dos adornos de Nadal premiados



Entrada Sorpresa

O apalpador chegou ben cedo para entregarlles aos galardonados o seu diploma. Foi moi divertido.
O noso apalpador entrando no colexio e agasallando a algúns dos alumnos vencedores do certame de adornos de nadal






7 dic 2014

O Samaín no Bouza Brey para os máis pequenos



Dende o equipo de Dinamización do colexio queremos impulsar a tradición da festividade do Samaín. Por ese motivo, todos os anos traballamos arreo para que as nosas tradicións continúen nas nosas vidas e os nosos alumnos coñezan e participen nesta tradición popular da nosa cultura. 
                
  Ambientamos o colexio, lemos contos de medo, vivimos as historias cos nosos contacontos particulares e elaboramos o noso certame de cabazas na que todos participades entusiasmados.


Os máis pequenos tamén contribuíron ao festexo e elaboraron as súas propias cabazas. Iago, o contacontos tróuxonos a historia do "aprendiz do home do saco".













.





Os alumnos da ESO tamén celebran o Samaín


Cine de medo polo Samaín

                                            "Romasanta, a caza da besta"                                                                                                                                  


cartel da longametraxe subtitulada
ao galego

O 29 de outubro celebramos no noso Colexio o Samaín. Este ano a temática elixida foi a lenda do Lobishome.
Os alumnos de secundaria traballaron a lenda do Lobishome de Allariz e miraron a película  coa doblaxe en galego.  

momento da transformación
.
Foi unha película moi interesante pero ao mesmo produciulles un enorme terror ao observar a transformación cinematográfica do lobishome.





Creación Literaria

"o lobisome"

Tamén leron distintas historia elaboradas por eles mesmos e recopiladas nun libro que tiñan como temática xeral a lenda do home lobo.
Concedéronse un primeiro e segundo premio por curso a aqueles textos con máis calidade narrativa e logo poideron contalas diante dos seus compañeiros na sala de audiovisuais onde se creou a atmósfera propicia para que os alumnos disfrutasen das historias.

Así estaba ambientada a nosa sala de audiovisuais que se converteu por un día na cova do home do saco ou do lobishome.

cartel da entrada da sala.
o home do saco en primeiro plano
vixiando as andainas dos alumnos


A verdade e que este ano os alumnos fixeron un gran traballo e poidemos ler historias cheas de intriga, medo ou misterio moi ben elaboradas.
Nunha próxima entrada do blogue, seguramente publicaremos algunhas das historias galardonadas para que poidades disfrutalas coma nós.

9 jun 2014

ALLARIZ : UN LUGAR MARABILLOSO QUE LEVAREMOS SEMPRE CON NÓS


O ano pasado os alumnos de 2º, 3º e 4º de Secundaria fixemos unha visita a Allariz. Estivemos dous días marabillosos en contacto coa natureza aprendendo a convivir e a coñecernos. Durmimos no Albergue dos Salesianos no mesmo pobo de Allariz e visitamos os seus museos. Pasamos un día divertido e soleado na praia fluvial e quedamos encantados coa xente deste pobo. Estamos desexando volver outra vez.

22 may 2014

POETAS POR UN DÍA


Temos moita sorte no Bouza Brey. No noso centro temos moitos futuros poetas agardando unha oportunidade. Todos comezan igual que o de Díaz Castro pero cada alumno púxolle a súa alma.
aquí tendes o libro dixital que os recolle. E tamén o poema orixinal do escritor homenaxeado. Preme no enlace :  OS POETAS DE PRIMARIA

Penélope. X. M. Díaz Castro

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.

EVOCACIÓNS SOBRE PENÉLOPE

A poesía evócanos emocións, sentimentos, un lugar, unha persoa, un instante. A poesía está creada para facer sentir ao lector, para conectar con un anaquiño da súa alma.  
Dentro das actividades para este día propúxoselles ós alumnos debuxar ou plasmar de algunha maneira o que lle evocaba o poema "PENÉLOPE". 
A música que soa ao fondo está composta polos alumnos de 1º da ESO coa letra do citado poema.


MÚSICA PARA PENÉLOPE


Moitos dos alumnos de 1º da ESO compuxeron unha melodía moi fermosa para un dos poemas máis coñecidos de Díaz Castro, o famoso "Penélope", no que o autor establece un paralelismo entre Galicia  e Penélope, que tecía no seu tear de día e desfacía a labor pola noite mentres esperaba a chegada de Ulises.


Tiveron a oportunidade de interpretala para todo o colexio nun pequeno homenaxe ao escritor polo día das Letras Galegas. Foi todo un éxito.
Espero que non sexa a última vez que compoñades. 
Noraboa.