O 9 de abril dentro do Proxecto Terra os alumnos de Secundaria fixemos unha visita a Lugo. Estudamos a arquitectura popular, o novo plan de rehabilitación do casco antigo, percorremos a súa muralla, visitamos o seu museo, a catedral e a Casa dos Mosaicos, unha espectacular Domus situada debaixo da propia cidade cunha infinidade de restos arqueolóxicos aínda por descubrir. Acompañáronnos dúas guías e con elas coñecemos máis a fondo esta marabillosa cidade, unha das máis antigas do Imperio Romano. Deixámosvos unhas fotos para que vexades a nosa andaina.
![]() |
| Aspecto da Muralla de Lugo considerada Monumento Nacional |
![]() |
| Mosaicos conservados dentro do Museo Provincial da Cidade |
![]() |
| Diante da Catedral de Lugo |
![]() |
| Piscina romana conservada |
![]() |
![]() |
| Galería do museo, antigo convento franciscano |













No hay comentarios:
Publicar un comentario