29/05/2012

Natureza

Esta xornada con Marcelo foi moi instrutiva e interesante. Contounos como se planta un carballo, como coidalo, como é a fauna e a flora nas carballeiras, como se mide a idade dunha árbore ...... e infinidade de cousas máis.

Converteu por uns intres a nosa clase de Infantil nunha inmensa carballeira.

Semana das Letras no Bouza Brey

No noso colexio imos celebrar a Semana das Letras Galegas coa visita dun Mago moi especial, cunha charla co escritor e cunha exposición sobre o noso autor homenaxeado VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Os alumnos de 4º da eso fixeron uns paneis informativas e outros interactivos onde puidemos aplicar os nosos coñecementos e xogar coas verbas.

Contacontos










Os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron unha xornada moi animada durante a Semana das Letras  pola chegada dun contacontos á escola. Xuntámonos os tres cursos na aula de audiovisuais e alí disfrutamos e rimos a cachón cos seus contos e historias. Vede o ben que o pasamos.

08/05/2012

REGUEIFANDO EN VALADARES

O venres 16 de marzo fomos a Valadares para participar no festival de Regueifas, marchamos no autobús todos os alumnos de secundaria,  agás os de 1º da eso. Pasámolo moi ben e competimos contra o Ies de Coruxo, o IES Ricardo Mella, o colexio Monterrey  e outros centros. Case gañamos pero ao final quedamos segundos aínda que mereciamos gañar porque Alberto Méndez, David Pereira e Iago Fernández fixérono de marabilla. Deixámosvos unhas fotos para que o vexades.

A poesía e Valentín Paz Andrade



Escoitamos este poema de Valentín, espero que vos guste moito

Letras galegas 2012: Valentín Paz Andrade




O HOME E O MAR
Colaborou na revista quincenal Industrias Pesqueras (Vigo)
Impartiu numerosos cursos de Economía pesqueira
Publica o libro Producción y fluctuación de las pesquerías
Impartiu numerosas conferencias como: El impacto de la sardina en la economía de Galicia
El sistema económico de la pesca en Galicia
Foi vicepresidente de Pescanova
Foi xerente da feira de Exposición mundial da Pesca en Vigo