22 dic 2015

O Apalpador


O Apalpador chegou ao Bouza Brey

Un ano máis o Apalpador veu visitarnos ao Colexio Bouza Brey. Este ano veu acompañado duns axudantes que contaron unha historia moi sorprendente da castaña máxica e agasalláronnos cun vale.


O VALE POR UN BICO E UNHA APERTA FOI UN ÉXITO

Dende os nenos máis pequenos ata os maiores, todos eles foron agasallados cun vale- regalo dun bico e unha aperta. 

O equipo de dinamización do colexio preparou unha actividade relacionada co Apalpador que pretendía ilusionar aos nenos e facerlles tomar conciencia da importancia dos agasallos feitos co corazón. Dende o Colexio quixemos fomentar o espírito do Nadal dende unha perspectiva non consumista tan patente na sociedade actual.




O vello Apalpador é unha lenda tradicional galega protagonizada por un vello carboeiro da zona do Courel que apañaba castañas e pasaba o inverno tallando en madeira diversas figuras relacionadas coa fauna de Galicia. Coa chegada do Nadal baixaba aos pobos pola noite e deixaba agasallos agochados nas casas, apalpaba as barrigas dos máis cativos e deixáballes unha presa de castañas.

 O vello Apalpador chegou ao noso colexio e regalou castañas a todos os nenos e nenas, pediulles que fosen bos e contoulles que o mellor agasallo nestas datas era dar bicos e apertas aos seres queridos.

Eles prometeron facerlle caso e que encherían aos seus pais e nais de bicos e apertas




A historia do Apalpador deixou abraiados aos nenos de infantil



Relacionado con esta historia os nenos prepararon o AMIGO INVISIBLE cos seus compañeiros de clase e todos eles foron agasallados cun regalo sorpresa.





 Os alumnos de primeiro da ESO cos agasallos do Amigo Invisible