23 may. 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2015







Este ano adícaselle o día das letras galegas ao mestre e historiador pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), alcalde de Pontevedra nos últimos tempos da ditadura franquista, pero tamén arqueólogo e escritor.

O historiador pontevedrés na súa vila natal
Exerceu unha actividade cultural moi importante como fundador do Seminario de Estudos galegos, director do Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra, presidente do Consello da Cultura Galega e membro da Real Academia Galega

Dende o noso colexio quixemos facerlle unha homenaxe e celebrar con todos os nenos e nenas unha semana fantástica de xogos, charlas e documentais que nos levaron aos tempos da posguerra.





A Exposición

Grazas á exposición sobre A escola noutros tempos poidemos descubrir ou volver a ver o material que se empregaban nas escolas nesa época.
Os nenos e nenas de Infantil visitaron  a nosa Exposición

Libros, cadernos, enciclopedias, novelas, plumas e tinteiros, pizarríns, mapas ou máquinas de escribir... exhibíronse grazas á colaboración de algúns mestres e moitas das familias do nosos alumnos.

Non nos cansamos de dicir que temos moita sorte de que haxa familias tan colaboradoras. Un colexio non só o integran os alumnos e os mestres; as nais, os pais, as avoas e avós, os irmáns... TODOS FACEMOS ESCOLA.


Vivencias

Tamén convidamos a tres grandes Mestras, compañeiras nosas, que viviron esa época,  primeiro como estudantes e despois como mestras. Elas explicáronlles aos nosos alumnos como era a vida escolar neses intres tan complicados da nosa historia. Pasamos unha mañá moi entretida pois contaron un montón de anécdotas e lembranzas.
Inés, Asun e Mª Carmen foron recibidas con grandes aplausos por todos os nenos e nenas e tamén polos profesores que puidemos escoitalas.

 Moitas grazas por compartir con nós as vosas lembranzas!!




Secundaria

Proxección

Días antes, os alumnos de secundaria viron algunhas esceas  da película  A lingua das bolboretas.
O actor español, xa falecido, Fernando Fernán Gómez, interpretaba a un vello mestre republicano moi querido, que acaba sendo repudiado polas súas ideas liberais e polo medo dun pobo ás represalias franquistas.

Resultado de imaxes para pelicula a lingua das bolboretas 
  A historia está baseada no libro de Manuel Rivas que leva por título Que me queres, Amor?

Resultado de imaxes para pelicula a lingua das bolboretas
O escritor galego Manuel Rivas