25 feb 2018

DIA DE ROSALÍA 2018

24 DE FEBREIRO  DÍA DE ROSALÍA


EU SON ROSALÍA CANDO...

Con estas verbas, tan repetidas nestes días no noso colexio,   o equipo de Dinamización do Bouza Brey  buscou dar voz e sentimento a nosa autora como unha figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual galeguista e defensora dos débiles, da terra e da nosa lingua.
O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos"). Por este motivo dende o noso colexio quixemos facer unha homenaxe a esta figura símbolo da loita, do sufrimento e da protesta reivindicativa e favor da muller,  dos oprimidos e do noso pobo.

Con este lema participamos na gravación dun MANIFESTO reivindicativo  profesores, alumnos e persoal non docente. Así que, nestes tempos tan convulsos deixámosvos a nosa pegada neste vídeo. 




EU SON ROSALÍA CANDO FALO A MIÑA LINGUA